Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-10-2015

Arranca a programación cultural do Auditorio de Vimianzo

A vindeira fin de semana arranca a programación cultural do Auditorio de Vimianzo para o outono-inverno. A principal novidade é que se traslada o día da representación ao sábados ás 21:00 h.

Durante o mes de outubro a comedia será a protagonista.

O vindeiro sábado día 10 o Grupo de Teatro Badius representará a súa obra Frankenstein, na que un neto do Dr. Frankenstein tentará emular ao seu avó repetindo os seus experimentos.

O día 17 os actores que conforman Boneca Lareta, Luís Iglesia e Xabier Deibe, reflexionarán acerca da existencia ao ritmo da música no seu espectáculo Filosolfando.

O sábado 24 chégalle o turno a Malasombra Producións coa obra A herdanza. Nela uns irmáns tentan repartir a herdanza dunha nai aínda viva.

O peche de outubro darao o sábado 31 A mámoa teatro coa obra Se o sei non volvo á casa, unha obra que nos presenta a volta dun emigrante da Arxentina a princípios do século XX.

Durante o mes de novembro a protagonista será a música.

O sábado 7 actuarán os músicos de Vimianzo Irma Macías, Suso de Andrea, Rosa Oreiro, o Grupo Aserrín e Viruta, Jaime de Vilaseco e a Charanga Escándalo.

O cantante Narf achegarase a Vimianzo o sábado 14 para presentarnos o seu último traballo.

O día 21 volven a subir ao escenario múscicos de Vimianzo, esta vez tócalle o turno a Serj, Urko, Suso de Quinito, Fu-Gao's, Efra e Druidas da Rolda.

Para finalizar con este ciclo o sábado 28 poderemos gozar coas cancións de Guadi Gallego que se achega a presentarnos o seu traballo Lúas de outubro e agosto.

O mes de decembro estará dedicado ao teatro.

O día 5 Sal-Monela Teatro presenta a obra Tan perfecto non te quero, unha obra ambientada en 1955 que mostra as vicisitudes dunha serie de persoas que configuraban a sociedade da época.

O sábado 12 Talía Teatro achégonos Mil primaveras, unha apaixoante viaxe pola historia, un percorrido poético con gran dose de humor e ironía onde a palabra e a música ocupan a maior parte da equipaxe.

O remate deste ciclo de programación será o sábado 19. Este día Mofa e Befa representarán Bobas e gallegas, un percorrido polas ocupacións que os criados galegos desenvolvían no Madrid do século XVII.



Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X