Concello de Vimianzo
3 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-10-2015

O Concello de Vimianzo renova a súa imaxe corporativa

O Concello de Vimianzo renova a súa imaxe corporativa, substituíndo o escudo heráldico, que a partir de agora se reserva para actos de grande relevancia protocolaria e institucional, por unha nova composición que mostra a Torre de homenaxe do Castelo.

O estudo da nova marca tivo como punto de partida o emblema do concello, o castelo de Vimianzo, que tamén preside o escudo heráldico utilizado até o momento. Nel existen, ademais, outros motivos dos que se prescindiron nesta nova marca co fin de simplificalo para adquirir maior sinxeleza e modernidade. Escolleuse, para o novo símbolo, realizar un esquema trazado cunha soa liña da torre máis senlleira da fortaleza soneirá: a torre de homenaxe.

A marca incorpora un novo elemento: a identidade cromática. A cor elixida é unha mistura entre verde e marrón. Verde, cor de futuro, que inunda as paisaxes vimiancesas. Ao mesmo tempo, inclúese o marrón, cor do pasado e da historia. Máis concretamente é o Pantone 385C.

Esta nova imaxe irá substituíndo progresivamente ao escudo heráldico utilizado até o de agora.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X