Concello de Vimianzo
14 de outubro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-09-2015

VALIDACIÓNS DE TÍTULOS DE GALEGO (CELGA)

Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo informamos de que todas aquelas persoas que non teñan o Celga nin teñan pedido a súa validación no centro educativo onde cursaron os seus estudos primarios ou secundarios poden facelo agora. Será imprescindible ter cursado e superado a materia de lingua galega nos seus estudos.
 
De non ter o certificado Celga, a validación terá os mesmos efectos e é de grande importancia, e ás veces incluso requisito, para algúns postos de traballo, acceso a emprego público, cursos de formación , etc.
 
No Servizo de Normalización Lingüística do Concello recomendámoslles a todas aquelas persoas que non teñan a súa validación que a soliciten neste momento acudindo ao seu colexio ou instituto, pois pode serlles útil no futuro.
 
Todas aqueles/as interesados/as poden informarse dirixíndose ao Servizo de Normalización Lingüística do concello a través deste mail: vanesa.otero@vimianzo.gal ou ben por teléfono no seguinte número: 981 716 001  (extensión 232); tamén podes dirixirte persoalmente á Casa do Concello (Promoción económica) e preguntar por Vanesa.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X