Concello de Vimianzo
17 de setembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-11-2011

I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Centro de Nadal

O Concello de Vimianzo convoca o I Concurso infantil de postais de Nadal, que se rexerá polas seguintes

BASES

1- Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do Concello de Vimianzo
2- O tema dos debuxos será “Compartimos contigo nadal”
3- A técnica será libre exceptuando as purpurinas, algodóns e as tintas metálicas que non serán admitidas.
4- As dimensións máximas do soporte serán 210 x 297 mm (A4). O formato da imaxe será libre sempre e cando estea contido dentro do formato A4 e por unha soa cara.
5- Non se admitirán os traballos que veñan pregados.
6- No reverso da obra, indicarase: o título do traballo, o nome e apelidos do autor ou autora, idade, o curso e o nome do centro escolar.
7- Non se admitirán os traballos sen asinar ou os que acheguen os datos noutro lugar diferente ao especificado na cláusula anterior.
8- Establécense tres categorías:
a. nenos e nenas de 3 e 5 anos.
b. nenos e nenas de 6 a 8 anos.
c. nenos e nenas de 9 a 11 anos.
9- Os traballos entregaranse na Casa da Cultura de Vimianzo.
10- Establécense tres premios para cada categoría consistentes en material didáctico e libros de lectura.
11- Entre os debuxos premiados o Concello de Vimianzo seleccionará a postal de nadal
12- Os premios entregaranse nun acto público que será comunicado con anterioridade.
13- Todos os debuxos presentados serán expostos na Sala de Exposicións Antón Mouzo nas datas de Nadal.
14- O prazo de presentación de traballos ábrese o 18 de novembro de 2011 e péchase o 9 de decembro de 2011.
15- O xurado composto por alcalde, técnica de cultura e técnico deportes. A resolución do xurado darase a coñecer o 13 de decembro de 2011.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X