Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-01-2015

Berdoias e Vimianzo arroupan a Noelia Pose na inauguración da súa primeira exposición

A Sala de Exposicións Antón Mouzo abre de novo as súas portas a unha exposición local, unha nova expresión artística e unha artista que expón por primeira vez. A Exposición artística de moda Sky Frame, da deseñadora de Berdoias Noelia Pose Antelo.
Manuel Antelo, inaugurou o venres a exposición dunha veciña de Berdoias que fixo da súa paixón, e vocación, un arte. A colección, que levou no seu día o premio de Novos Creadores Torre de Hércules, poderase ver ata o vindeiro 6 de marzo na Sala de Exposicións Antón Mouzo. No discruso inaugural o Alcalde lembrou o lema que acompaña a Sala de Exposicións: Orgullosos do noso, e é que desde a súa creación esta sala vén amosando e dando a coñecer a numerosos artistas locais, descoñecidos para os propios veciños, deixando constancia que Vimianzo é terra de artistas. Así o demostrou Noelia, de familia de costureiras, que soubo levar máis aló o seu traballo. Sky Frame, moda de pasarela, arte, unha colección froito dun traballo de experimentación de texturas e volumes, vestixios da arquitectura do século XX trasladados á moda. Unha exposición digna das mellores pasarelas de moda que non deixou indiferente a ninguén.
Os veciños e veciñas de Berdoias non dubidaron en arroupar a súa veciña nun día tan importante para Noelia. Un acto de inauguración con sorpresa incluída: unhas coplas dedicadas para a artista, de man de dúas das veteranas cantareiras de Berdoias, unha tenra sorpresa da avoa cantándolle á neta.



Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X