Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-12-2014

Comezou a programación de Nadal

O sábado a Casa da Cultura enchíase de nenos e nenas dispostos a darlle a benvida ao Nadal do mellor dos xeitos, con festa. Duendesico tíñalles preparada unha divertida tarde con bailes, cancións, maquillaxe, globoflexia, animación, con Papá Noel como protagonista. Unha festa que divertiu a nenos e pais desde as cinco da tarde ata as oito, momento en que o Alcalde subía ao escenario para facer entrega dos premios do Concurso de postais de Nadal, un concurso no que participaron 70 nenos e nenas de infantil e primaria de todos os centros de ensino do concello, todas elas permanecerán expostas na Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo. Catro categorías e tres premios por categoría, foron subindo a recoller o seu premio:
Categoría A (1º, 2º e 3º de educación infantil)

  • Noa Domínguez Antelo
  • Nicolás Lema Iglesias
  • Carmen Mas Baña
Categoria B (1º e 2º educación primaria)
  • Paula Pérez Castiñeira
  • Uxía Romero Suárez
  • Unai Berdomas Ramos
Categoría C (3º e 4º educación secundaria)
  • Brais Esperante Pérez
  • Julio Figueiras Pérez
  • Irene Fernández Pérez
Categoría D (5º e 6º educación primaria)
  • Andrea Capelo Ordóñez
  • Pablo Calvo Lado
  • Alexia Canosa Rojo
De entre todas elas, a postal que o xurado escolleu como gañadora foi a de Uxía Romero Suárez, de 6 anos, do Ceip San Vicenzo de Vimianzo.

Pero aínda quedaba máis festa para esa noite, os Cantos de Nadal da Escola municipal de Pandeireta que puxeron o broche final á xornada do xeito máis tradicional

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X