Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-06-2014

Vimianzo viviu o seu día da bicicleta

A afección ao deporte vai a máis no concello de Vimianzo e así o demostraron os preto de cen afeccionados á bicicleta que o domingo participaron no Día da bicicleta. O Tenente Alcalde, Fernando Mancebo daba a saída na Praza do Concello ás 11 da mañá á comitiva ciclista que partían dispostos a percorrer o Val de Vimianzo nunha xornada tranquila. Maiores e pequenos gozaron dunha xornada deportiva para toda a familia. Despois de percorrer o val pola ladeira do Monte Faro, unha parada para avituallamento para repoñer forzas con rosca de Pan Ignacio. E despois continuar camiño do último tramo pola ladeira de San Bartolo ata o final do percorrido na praza do concello, pouco antes da unha da tarde.
Unha vez na praza, o xornalista vimiancés Manuel Rial fixo de mestre de cerimonias para o sorteo de agasallos, que foron recollendo os participantes da man dos concelleiros Fernando MAncebo e Mª José Ramos. O máis agardado, a bicicleta, quedou nesta ocasión en Vimianzo, nas mans de Antonio Blanco Graíño.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X