Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-05-2014

Superadas as espectativas da III Carreira pedestre Concello de Vimianzo

A mañá do domingo espertaba solleira e a temperatura máis propia da época estival anunciaba unha dura proba para os atletas que desde ben antes das 9 da mañá comezaban a chegar ao Val de Vimianzo. O ambiente deportivo comezaba a respirarse polas rúas da capital municipal, mentres os voluntarios e voluntarias recibían as instrucións precisas para a xornada deportiva. Pouco a pouco ían colocándose no seus postos ao tempo que pola mesa de recollida de dorsais comezaban a pasar os atletas.
Os primeiros corredores dirixíanse á liña de meta para dar comezo á primeira das probas, un percorrido de 3.000 m. que deberían percorrer os participantes das categorías infantil e cadete. Houbo que agardar menos de 10 minutos para que o primeiro atleta, Brais Lago Trillo da categoría cadete, cruzase a liña de meta, seguido a tan só 35 min do primeiro clasificado na categoría infantil, Francisco Javier Rodríguez Castro, os dous pertencentes á Asociación Deportiva Olimpia, de Cee.O podium íase completando na categoría infantil masculina coa chegada de Álvaro Farinós Cruz, de Esteiro, e José Antonio Romar Bouzas, de Camariñas; na feminina, o podium foi íntegro para as corredoras da Asociación Deportiva Olimpia, coas atletas Elena Carreira Santabaya, Inés Vázquez Santos e Erica Domínguez Pais. Na categoría cadete, tamén Olimpia completou o podium, xa que xunto con Brais Lago clasificáronse Elian Numa López Iglesias e Jesús Daniel Suárez Zurita, mentres que a gañadora feminina desta categoría foi Tamara Gesto López, de Bergondo. 
Ás 10.20 comezaba a segunda das probas, un percorrido de 5400 m. que percorrería a categoría xuvenil e a sénior. Xa cunha alta temperatura no ambiente e tras un soleado percorrido aos 18:38 minutos chegaba o campión da categoría sénior Martín Regueira Rellán, de Comesaña Sporting Club de Laxe; seguíronlle no podium Ramón Alberto Moreda Leirado de Foz cunha marca de 19:21 e o vimiancés Damián Espasandín Lema, que realizou o percorrido en 19:29 min. Outra vimiancesa faríase co podio na categoría sénior feminina, Victoria Fernández García realizando un tempo de 23:03 min. Completaron a clasificación Almudena López Serantes (27:27), de Bergondo, e María Maroñas Allo (33:10), de Negreira. En canto aos xuvenís masculinos ao campión, Pablo Barreira Rial, de Malpica de Bergantiños, abondáronlle 19:49 min para cruzar a liña de meta, seguido por Pablo Oróns Vázquez, de Perillo (22:48); e Ángel Alonso Rama, de Carnota (27:50). Na categoría feminina, Laura Pose Suárez, de Camelle, foi a primeira clasificada cunha marca de 28:09 min.
Chegaba a hora da gran carreira, un percorrido de 10Km cun sol relocente que ameazaba complicarlle o percorrido aos atletas. Ás 11 o Alcalde daba o pistoletazo de saída aos máis de 200 atletas participantes nesta proba. Tres veces terían que pasar pola meta os corredores, para completar os quilómetros. E en 34:04 min realizou todo o percorrido o campión da carreira absoluta, participante na categoría Sénior masculina, Iván Redondo Vidal, do Club Montepenarrubia Runnig de Rábade. Sen deixarlle baixar o ritmo seguíano o segundo clasificado na mesma categoría, Cristian Muíño Varela, de Coristanco, que realizou o percorrido en 34.28 min; e Alberto Castiñeira Figueroa, do Club de Atletismo de Santiago, que cruzou a liña de meta cinco segundos despois. Completando con estas marcas o podio da carreira absoluta. Seguindo coa clasificación masculina desta proba, na categoría veteranos M40, o podio compuxérono Javier Seone Puga, de Carballo, que se clasificou como campión cunha marca de 35:12 min. Seguírono o corcubionés José Manuel Lago Ces (35:56) e Arturo Pasantes Vidal, de Brens que rematou o percorrido en 37:47. E os veteranos M50 José Suárez Leis, da Baña, chegou a meta en 31:01 min, seguido do camariñán José Manuel Rodríguez Tajes (38:25) e de José Manuel Romero Olveira, da Pobra do Caramiñal (40:34). En canto ás mulleres o mellor tempo foi realizado na categoría veteranos M40 pola vimiancesa Teresa Castro Villaverde, que realizou o percorrido en 41:38, nesta categoría completaron o podio Ana María Mallo Domínguez, de Ames (51:39) e Mª del Carmen Bazarra Agulla, de Outes (54:01). Na categoría sénior feminina, a campioa foi Eva María Portas Lemus, da Coruña, cunha marca de 44:52 min, que compartiu podio con Estela María Portas Lemus, da Coruña (47:05) e por Belén Pérez Martínez de Cee (47:16). A zasense Carmen García García foi a campioa da categoría veteranos M50, cun tempo de 50:54 min, seguírona na clasificación Araceli Veiga Bermejo, da Coruña (57:17) e pola viguesa María José Comesaña Estévez (1:05:59). Completarían o podio, polo tanto, da carreira absoluta Teresa Castro, Eva Mª Portas e Estela Mª Portas.
Mención especial había no regulamento para as perosas empadroadas no concello de Vimianzo que realizaran a mellor marca. Da categoría sénior masculina foi o primeiro vimiancés en cruzar a liña de meta, 35:47 min tardou en realizar o percorrido Luis Miguel Antelo Lema, quedando sétimo na clasificación xeral. En canto ás categorías femininas sería Teresa Castro Villaverde, da categoría veteranos M40, a primeira vimiancesa en realizar os 10 Km, entrando na posición 43 na xeral.
Agardando espectantes a que rematase a carreira de 10 km atopábanse os participantes da categoría alevín, ansiosos por realizar a súa proba. Pasaba un pouco das 12.15, hora prevista cando se daba o pistoletazo de saída para percorre os 1.000m. Por debaixo de catro minutos todos os clasificados no podio, na categoría masculina o muradán Óscar Farinós Cruz alzouse campión, cruzando a meta en 3:05min. De Noia foi o segundo clasificado, Antón López Dosil (3:13) e Sergio Martínez Bazarra, da Serra de Outes, sería terceiro cunha marca de 3:17 min. Na categoría feminina, a vimiancesa Lucía Villaverde Ameijeiras, foi a campioa logo de realizar o percorrido en 3:14 min, seguida por Lucía Suárez Rodríguez, da Asoc. Dep. Olimpia (3:16) e da mesma asociación ceense cun tempo de 3:19 Aberu Ríos Fidalgo pecharía o podio. Quince minutos despois saían os benxamíns, co mesmo percorrido de 1000m) onde o campió foi outro vimiancés Yerik Ismaq Pedreira, cun tempo de 3:24, acompañado no podio por Uxío Farinós Cruz, de Esteiro (3:31) e Juan Oreiro Lagoa de Cee (3:34).
Faltaba só unha proba, que foi sen dúbida a de maior espectación da xornada, os pequenos atletas da categoría pitufos, de idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos, dispostos a saír da liña de meta para percorrer os 300 metros que compoñían a súa proba, entre multitudes de flashes de cámaras. Todos eles completaron a proba e recibiron á chegada, á parte dunha grande ovación dos presentes, unha medalla conmemorativa de recordo da xornada, igual que os participantes das categorías alevín e benxamín. E malia que non había podio para os pitufos, os pais apuraron a foto, mentres a organización preparaba a entrega de medallas final.
Unha gran xornada deportiva a que viviu Vimianzo na que houbo tamén agradecementos para as empresas que colaboraron co concello para poder levar a cabo eventos deste tipo. Deste xeito, aos patrocinadores do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, no que se enmarca esta carreira, Coca Cola, Supermercados Gadis e Industrias Cerdeimar Conservas Boya, houbo un agradecemento especial para os pequenos empresarios vimianceses que colaboraron no patrocinio da nosa carreira: Clínica Vimianzo Saúde, Induplan, Estación de Servicio Petrosoneira, Perez Rey Materiales de construcción, Celme Café, Imprenta Breogán, Ferretería Alvarellos, Ferretería As tres chaves e Ferretería Central. E agrdecemntos para toda a xente voluntaria que colabora coa organización e a Protección civil de Vimianzo que contou coa colaboración dos colegas de Zas, Camariñas e Muxía.

CLASIFICACIÓNS III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE VIMIANZO
CARREIRA INFANTIL 3000m.

categoría masculina
  1. Francisco Javier Rodríguez Castro (d. 88) 10.34 Asoc. Dep. Olimpia
  2. Álvaro Farinós Cruz (d. 80) 11:18 A.D. Atletes de Esteiro – Muros
  3. José Antonio Romar Bouzas (d.108) 12:10 Camariñas

Categoría feminina

  1. Elena Carreira Santabaya (d. 84) 12:16 Asoc. Dep. Olimpia
  2. Inés Vázquez Santos (d.90) 12: 48 Asoc. Dep. Olimpia
  3. Erica Domínguez Pais (d.85) 13.45 Asoc. Dep. Olimpia

 CATEGORÍA CADETE 3.000m.

Categoría masculina

  1. Brais Lago Trillo  9.57 Asoc. Dep. Olimpia
  2. Elian Numa López Iglesias 11.01 Asoc. Dep. Olimpia
  3. Jesús Daniel Suárez Zurita 11:07 Asoc. Dep. Olimpia

Categoría feminina
1. Tamara gesto López 13:59 Bergondo

 CARREIRA XUVENIL: 4.500 M.

 Categoría masculina.

  1. Pablo Barreira Varela 19:49 Malpica de Bergantiños
  2. Pablo Oróns Vázquez 22:48 Perillo- Oleiros
  3. Ángel Alonso Rama 27:50 Carnota

Categoría feminina

  1. Laura Pose Suárez 26:09 Camelle – Camariñas

 CARREIRA ALEVÍN: 1.000 M.

 Categoría masculina:

  1. Óscar Farinós Cruz 3.05 A.D. Atletes de Esteiro – Muros
  2. Antón López Dosil 3:13 Noia
  3. Sergio Martínez Bazarra 3:17 Serra de Outes

 Categoría feminina

  1. María Villaverde Ameijeiras 3:14 Vimianzo
  2. Lucía Suárez Rodríguez 3:16 Asoc. Dep. Olimpia
  3. Aberu Ríos Fidalgo 3:19 Asoc. Dep. Olimpia

 CARREIRA BENXAMÍN 1.000 m.

  1. Yerik Ismaq Pedreira 3:24 Vimianzo
  2. Uxío Farinós Cruz 3:31 A.D. Atletes de Esteiro- Muros
  3. Juan Oreiro Lagoa 3:34 Cee

 CARREIRA ABSOLUTA 5K 5.400m.

Categoría masculina:

  1. Martín Regueira Rellán 18:38 Comesaña Sporting Club Laxe
  2. Ramón Alberto Moreda Leirado 19:21 Foz
  3. Damián Espasandín Lema 19:29 Vimianzo

 Categoría feminina:

  1. Victoria Fernández García 23:03 Comesaña Sporting Club Vimianzo
  2. Almudena López Serantes 27:27 Gesto Team Bergondo
  3. María Maroñas Allo 33:10 Negreira

 CARREIRA ABSOLUTA 10k (10.000m.)

 Categoría masculina

  1. Iván Redondo Vidal 34:04 Club Montepenarubia Runnig Rábade
  2. Cristian Muíño Varela 34:28 Alejandro Gómez Coristanco
  3. Alberto Castiñeira Figueroa 34:33 Club Atletismo Santiago

Categoría feminina:

  1. Teresa Castro Villaverde 41:38 Club Atletismo Noia Vimianzo
  2. Eva María Portas Lemus 44:52 A Coruña
  3. Estela María Portas Lemus 47:05 A Coruña

 Categoría Sénior Masculina

  1. Iván Redondo Vidal 34:04 Club Montepenarrubia Runnig Rábade
  2. Cristian Muíño Varela 34:28 Alejandro Gómez Coristanco
  3. Alberto Castiñeira Figueroa 34:33 Club Atletismo Santiago

 Categoría Sénior Feminina

  1. Eva María Portas Lemus 44:52 A Coruña
  2. Estela María Portas Lemus 47:05 A Coruña
  3. Belén Pérez Martínez 47:16 Cee

 Categoría veteranos M40 masculina

  1. Javier Seoane Puga 35:13 A.D.C. Bomberos A Coruña
  2. José Manuel Lago Ces 35:36 Atletismo Sar Corcubión
  3. Arturo Pasantes Vidal 37:47 Brens

 Categoría Veteranas M40 feminina

  1. Teresa Castro Villaverde 41:38 Club Atletismo Noia Vimianzo
  2. Ana María Mallo Domínguez 51:39 Ames
  3. Mª Carmen Bazarra Agulla 54:01 Outes

 Categoría veteranos M50 masculina

  1. José Suárez Leis 37:01 C.A. Boimorto A Baña
  2. José Manuel Rodríguez Tajes 38:25 Camariñas
  3. José Manuel Romero Olveira 40:34 Veteranos de Samil/ Manuel Tomás A Pobra do Caramiñal

Categoría veteranos M50 feminina

  1. Carmen García García 50:54 Zas
  2. Araceli Veiga Bermejo 57:17 A Coruña
  3. María José Comesaña Estévez 1:05: 59 Vigo

 PRIMEIROS CLASIFICADOS DE VIMIANZO

Feminina: Teresa Castro Villaverde M40F 41:38 posto 43 clasificación xeral

Masculino: Luis Miguel Antelo Lema SNM 35:47 posto 7 na xeral

 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X