Do 23-05-2024 ao 23-05-2024
Do 30-05-2024 ao 30-05-2024
O Concello de Vimianzo conta de novo, dende o pasado 30 de outubro co Servizo de Orientación Laboral do SPEG, dirixido a demandantes de emprego, tanto desempregados e desempregadas como traballadores que desexen mellorar a súa carreira profesional.
A finalidade deste servizo é a de poñer a disposición dos demandantes a información e o asesoramente necesario para desenvolver de forma eficaz o proxecto individual de busca de emprego.
As persoas interesadas en acudir a unha entrevista de orientación poden solicitar este servizo na Oficina de Emprego ou directamente no Servizo de Orientación Laboral do Concello.