Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-08-2013

A Sala de Exposicións Antón Mouzo continúa dando a coñecer artistas locais

A Sala de Exposicións Antón Mouzo nacía en setembro de 2011 para dar a coñecer a multitude de artistas locais que non tiveran ocasión de seren coñecidos e recoñecidos polos seus veciños e veciñas. Baixo o lema Orgullsos do noso veu acollendo diferentes exposicións de pintura, escultura e fotografía. Á primeira delas, unha merecida e tardía homenaxe ao artista que lle dá nome á Sala, seguíronlle as de Xurxo Martiño, Xoán Carballo, Antonio Nodar, Suso Fuentes e Chelo Lema, así como diferentes exposicións de futuros artistas das escolas de arte municipais.
O venres inaugurábase unha nova exposición de pintura e escultura baixo o título "Dende as zonas mudas da conciencia" do vimiancés Juan Antonio Cundíns. Descoñecida a faceta artística deste mozo vimiancés para a maioría dos veciños e veciñas, foron moitos os que quixeron acompañalo no acto de inauguración e coñecer a súa obra. A sorpresa ante a obra deste artista deixábase sentir xa antes de pasar á Sala de Exposicións, cunha peza que preside a entrada da Casa da Cultura que non deixa indiferente a ninguén. Pintura, escultura e literatura conxúganse á perfección na obra deste artista. A exposición estará aberta ata o 29 de setembro e poderá visitarse de luns a sábado de 10 a 14.30 horas. Concello de Vimianzo, orgullosos do noso

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X