Concello de Vimianzo
17 de setembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-07-2013

Máis de 30 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos gozan dunha semana de actividades no pequecampamento Vimiverán

O luns daba comezo o primeiro dos campamentos urbanos do Concello pensados para que os nenos se divirtan, aprendan e socialicen cos outros nenos e nenas das diferntes parroquias e, ao mesmo tempo, para axudar os pais na conciliación da vida laboral e familiar.
O Campamento comeza ás 10 da mañá e remata ás 14 horas, tempo no que realizan diferentes actividades culturais e deportivas, xogos, xincanas, obradoiros, etc. A xornada de onte foi especial, pois grazas á colaboración de PanIgnacio os pequerrechos convertéronse en panadeiros traballando axudados polos traballadores da panadería e polos monitores. Deste xeito fixeron cadansúa bola, cadanseu molete de pan, dous croissants para cada un e un biscoito por persoa, todo iso levaban nas súas bolsas ao rematar a xornada para que nas casas puideran ter a proba do duro traballo realizado nos fornos. Pero os pequenos panadeiros antes de rematar a xornada, degustaron unha pizza que axudaron a elaborar.
Hoxe toca unha xornada deportiva no pavillón municipal e a continuación rematar o taller de papel reciclado que comezaron o martes coa elaboración do papel e hoxe realizarán diferentes cousas co papel elaborado.
O venres rematará o pequecampamento e o vindeiro luns serán os nenos de idades comprendidas entre 6 de 12 anos os que participen no Campamento Vimiverán.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X