Concello de Vimianzo
23 de setembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-05-2013

O atletismo enche as rúas de Vimianzo

As rúas de Vimianzo deixaban ver onte desde as 9 da mañá un ambiene deportivo debido á celebración da 2ª Carreira pedestre, malia que o evento se tivo que desprazar a diante da Casa da Cultura, a vila non foi allea á carreira. Os acontecementos deportivos están en auxe e Vimianzo consegue colocar a súa segunda edición da Carreira pedestre no calendario deportivo de Galicia. Unha competición deportiva popular na que non só participan atletas de Vimianzo ou da Costa da Morte, senón que un gran número de corredores chegaron de diferentes lugares da xeografía galega para participar na nosa Carreira, lugares como A Coruña, Santiago de Compostela, Ames, Ferrol, Oleiros, Culleredo, Ourense, Ribadeo, etc. Unha mostra de que este tipo de eventos son relevantes non só no eido deportivo, senón que son tamén un impulso para a promoción turística  do noso concello e a conseguinte repercusión económica nas nosas empresas. 
Voluntarios de protección civil, Policía Local, e colaboradores individuais que quixeron axudar a que a carreira se puidera levar a cabo con éxito, recibían as instrucións do técnico de deportes, Víctor Santos, antes de que a primeira proba se puxese en marcha.
Ás 10.30 horas achegábanse á liña de saída os participantes da primeira das carreiras, as categorías xuvenil e cadete deberían relaizar un percorrido de 2.200 metros. O primeiro participante en cruzar a liña de meta da categoría xuvenil foi Cristian Gándara, seguido de Manuel Castro e Samuel Lema, mentres que Laura Pose sería a primeira muller na mesma categoría en acadar podio, seguida por Ana Castro. Brais Ínsua sería o vencedor dos cadetes, quedando vacante o podio feminino desta categoría. Rematada esta proba sería a quenda da categoría infantil, que debería facer un percorrido de 1.200 metros. Os gañadores desta proba foron Alian N. López, en primeiro lugar, seguido de Francisco Rodríguez e Álvaro Farinós; Ana García foi a vencedora feminina quedando en segundo lugar Erika Domínguez. A categoría alevín comezaba o percorrido de 700 metros ás 11.20 horas, sendo Ángel Senra o gañador, seguido de Óscar Farinós e David Roget; Marta Souto, Nuria Pose e Uxía Suárez foron as campioas femininas. Os máis pequenos, benxamíns e prebenxamíns, agardaban ansiosos na liña de saída minutos antes das 11.30, dispostos a percorrer no menor tempo posible uns moi disputados 300 metros, o primeiro en pasar pola meta foi Brais Picón, seguido de Juan Oreiro e Andrés García; e entre as nenas María Villaverde, Aalyah Louro e Saray Duarte foron as primeiras. Os demais participantes recibiron a súa medalla conmemorativa ao remataren a proba.
Faltaba a carreira de 10 Km. e os atletas que levaban xa tempo quentando polas rúas comezaban a situarse na liña de meta. Ás 12 en punto o alcalde daba o pistoletazo de saída e comezaba a proba. A nota de humor poñíaa Damián Espasandín, membro dos xa arquicoñecidos Ghañán Style, que realizou os 10 Km. caracterizado do mesmo xeito que o vídeo que lles deu a fama. Tan só 35 minutos e 6 segundos pasaron cando o vencedor absoluto cruzou a liña de meta, deixando os 10 Km da proba atrás: Alberto Carou Carril, de Bertamiráns, reanudaba o título de vencedor absoluto da carreira por segundo ano consecutivo. 45 segundos despois chegaba á meta José Manuel Lago Ces, de Corcubión seguido moi de preto por Javier Sánchez Prieto, de Mera, que realizou o percorrido en 35 min e 58 segundos. O primeiro vimiancés en cruzar a liña de meta foi Luis Miguel Antelo Lema, cunha marca de 37:22, quedando sétimo clasificado na categoría absoluta e segundo clasificado na categoría sénior masculina. Moi de preto seguíao outro vimiancés, Abraham Trillo Fernández, que acadaría o noveno posto na categoría absoluta cun tempo de 37:39, sendo o segundo clasificado na categoría júnior promesa. Héctor José Soto Santos, foi o terceiro vimiancés en chegar a meta na categoría absoluta, cun tempo de 38:44, alzándose co trofeo ao mellor corredor de Vimianzo unha vez que os dous anteriores fosen galardoados nas súas correspondentes categorías. No que respecta ás corredoras, a campioa absoluta foi a muxiá Barca Toba Suárez, cunha marca de 39:30, quedando na posición 22 da carreira absoluta. A segunda clasificada no podio foi Teresa Castro Villaverde, de Vimianzo, que percorreu os 10 Km. en 41:22; e Belén Pérez Martínez, de Cee, acadaría o terceiro posto cun tempo de 48:29, formando un podio completo de atletas da Costa da Morte. As mulleres de Vimianzo participantes na carreira destacaron nos podios, pois se ben Teresa Castro ocupaba o segundo lugar na absoluta, Paula Trillo Calo erguía o trofeo de campioa na categoría sénior feminina (53:10), categoría na que Fátima Gesto Trillo ocupou o terceiro lugar (56:49). Cristina Sousa Dopazo foi a segunda clasificada na categoría M40 feminina, cun tempo de 57:51 e o trofeo á mellor corredora de Vimianzo foi para Yolanda Ínsua Lema (1:03:12).
Uha vez rematada a carreira o alcalde, Manuel Antelo, o concelleiro de Urbanismo, Fernando Mancebo, e a concelleira de Benestar Social, Mª Xosé Ramos, o técnico de Deportes, Víctor Santos, e os empresarios que colaboraron como patrocinadores do evento deportivo, facían a entrega de premios aos clasificados nas diferentes categorías que remataron do seguinte xeito:

Categoría absoluta masculina
1. Alberto Carou Carril, de Bertamiráns (35:06)
2. José Manuel Lago Ces, de Corcubión (35:51)
3. Javier Sánchez Prieto, de Mera (35:58)
Categoría absoluta feminina
1.Barca Toba Suárez, de Muxía (39:30)
2. Teresa Castro Villaverde, de Vimianzo (41:22)
3. Belén Pérez Martínez, de Cee (48:29)
Categoría júnior promesa masculina
1. Martín Regueira Rellán, de Laxe (36:13)
2. Abraham Trillo Fernández, de Vimianzo (37:39)
3. Juan Luis Gómez Iglesias, de Ribadeo (43:12)
Categoría sénior masculina
1. André Luiz Souza, da Coruña (35:59)
2. Luis Miguel Antelo Lema, de Vimianzo (37:22)
3. Iván Segade Carou, da Coruña (37:34)
Categoría sénior feminina
1. Paula Trillo Calo, de Vimianzo (53:10)
2. Ana Martínez Martínez, de Esteiro (55:48)
3. Fátima Gesto Trillo, de Vimianzo (56:49)
Categoría M40 masculina
1. Xosé Antón Barreiro Pereira, de Santiago de Compostela (36:57)
2. José Suárez Leis, da Baña (37:55)
3. Ramón Canosa Castiñeira, de Cee (39:07)
Categoría M40 feminina
1. Julia Castro Villaverde, da Coruña (51:03)
2. Cristina Sousa Dopazo, de Vimianzo (57:51)
3. Marta María Cruz Añón,de Muros (1:03:53)
Categoría M50 masculina
1. José Manuel Rodríguez Tajes, de Camariñas (38:19)
2. Antonio Fraga Méndez, Santiago de Compostela (38:21)
3. Jesús Vázquez Rodríguez, de Cee (39:48)
Categoría M50 feminina
1. Carmen García García, de Zas (50:34)
Categoría xuvenil masculina (2200m.)
1. Cristian Gándara, de Vimianzo (7:00)
2. Manuel Castro, de Noia (7:49)
3. Samuel Lema, de Vimianzo (8:40)
Categoría xuvenil feminina
1. Laura Pose
2. Ana Castro
Categoría cadete
1. Brais Ínsua
Categoría Infantil Masculina
1. Elian N. López
2. Francisco J. Rodríguez
3. Álvaro Farinós
Categoría Infantil Feminina
1. Ana García
2. Erika Domínguez
Categoría Alevín masculina
1. Ángel Senra
2. Óscar Farinós
3. David Roget
Categoría Alevín Feminina
1. Marta Souto
2. Nuria Pose
3. Lucía Suárez
Categoría (pre)benxamín masculina
1. Brais Picón
2. Juan Oreiro
3. Andrés García
Categoría (pre)benxamín feminina
1. María Villaverde
2. Aalyah Louro
3. Saray Duarte

Trofeo ao corredor vimiancés:
1. Héctor José Soto Santos (38:44)
Trofeo á corredora vimiancesa:
1. Yolanda Ínsua Lema (1:03:12)
Trofeo ao corredor máis veterano
1. Jesús Bernal Gómez, 65 anos, de Ferrol (52:03)


Clasificación dos corredores e corredoras de Vimianzo na categoría absoluta
7º Luis Miguel Antelo Lema (37:22)
9º Abraham Trillo Fernández (37:39)
14º Héctor José Soto Santos (38:44)
16º David Romero Alborés (38:51)
30º Teresa Castro Villaverde (41:22)
32º José Rey Camiño (41:28)
40º José Lema Martínez (42:22)
49º Xoán R. Fernández Garrido (44:06)
59º Víctor M. Lema Pérez (44:06)
61º Diego Bello Graíño (44:02)
91º Antonio López Blanco (48:08)
93º Óscar Santos Rodríguez (48:18)
94º Damián Espansandín Lema (48:25)
97º J. José Lama Carballo (48:44)
100º Miguel A. Fernández Pereiro (49:39)
105º Alejandro Lema Lema (50:13)
112º Martín Lema Pose (52:55)
113º Paula Trillo Calo (53:10)
119º Fátima Gesto Trillo (56:49)
121º Cristina Sousa Dopazo (57:51)
123º Yolanda Ínsua Lema (1:03:12)
125º Vanesa Pedreira Santos (1:04:26)
Manuel Antelo agradece ás empresas que colaboraron como patrocinadores da Carreira: Celme Café, Casa Sabina, Ferretería Tres Chaves, Ferretería Alvarellos, Ferretería Ferrokey, Asesoría Luis Fernando, Imprenta Breogán, Publisoneira, Materiales Pérez Rey, Gerca, Electra del Gayoso, Induplan, Gasóleos Vimber, Viraxes Servizos Deportivos e Clínica Vimianzo Saúde; así coma aos traballadores e traballadoras municipais e voluntarios e voluntarias que axudaron a que a Carreira pedestre se puidese celebrar con éxito.

Concello de Vimianzo. Compartimos deporte contigo




 


Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X