Concello de Vimianzo
18 de novembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-05-2013

A exhibición das escolas municipais de patinaxe encheu o pavillón de Baíñas

Chegado o mes de maio comezan as clausuras das escolas municiapis, e a primeria en amosar o aprendido durante o curso foi a escola de patinaxe. Na tarde do xoves o pavillón de Baíñas agardaba repleto de xente a exhibición de preto de 200nenos e nenas que compoñen as escolas municipais dos concellos de Camariñas, Fisterra, Muxía e Vimianzo, con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. Os alcaldes de Vimianzo e Muxía e o concelleiro de Deportes de Fisterra presidían a exhibición dos patinadores, quen, divididos por categorías, ían saíndo á pista dispostos a arrincar o aplauso do público con animadas coreografías e vestimentas. Tras preto de dúas horas de exhibición de patinaxe os participantes agardaban recibir as merecidas medallas para inmortalizar o momento, mais tiveron que agardar a sorpresa final, unha exhibición de patinaxe artística da pontecesá Clara Amado, do club Patiber de Bergondo, que deixou impresionado a nenos e maiores.
O vindeiro 31 de maio volverá celebrarse a exhibiciónde patinaxe no concello de Muxía, polo que haberá unha segunda oportunidade para ver aos pequenos deportistas poñer en práctica a aprendizaxe.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X