Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-12-2012

Os alumnos e alumnas de Baíñas descobren a exposición de Nodar

A exposición de Antonio Nodar ...from portrait to self-portrait... chegou a Baíñas da man do fotógrafo muxián Xesús Búa que desvelou aos alumnos e alumnas do Ceip de Baíñas os segredos da fotografía e as peculiaridades da obra do fotógrafo de Baíñas. Os nenos e nenas coeñeceron a obra dun veciño que marchou do lugar do Outeiro cando tiña 17 anos rumbo a londres onde conseguiu dedicarse á súa paixón, a fotografía, triunfar como fotógrafo, chegando a expoñer por todo o mundo.
Xesús Búa conseguiu cautivar o alumnado de Baíñas que gozou do didáctico programa impartido polo fotógrafo muxián de principio a fin, e conseguiu despertar nos oíntes a paixón pola fotografía.
O alcalde e a concelleira de Benestar Social estiveron presentes tamén na inauguración da exposición, que permanecerá exposta no colexio de Baíñas ata o vindeiro día 14 de xaneiro.    

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X