Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-11-2012

Artistas locais demostraron no escenario que en Vimianzo hai talento

As butacas do auditorio da Casa da Cultura enchéronse de xente disposta a pasar unha entretida tarde musical, pero os artistas locais fixeron co seu talento e as súas voces que a tarde do domingo non fose unha tarde máis, senón que será unha actuación que dará moito que falar.
As encargadas de romper o xeo e enfrontarse ao público foi Laura Quintáns que, acompañada por Ana Torres ao piano, interpretaron Someone live you. un estilo moi diferente mostraron os compoñentes dos Troitamundos, Xaquín Lema, Pablo Alvite, Pablo Rodríguez, Fabio Mouzo e José Antonio Maceiras, un grupo local de rock que interpretou temas propios Mafalda e Involución e coñecido stemas como Íscalle lura, Bailaré sobre tu tumba e I love rock and roll. A continuación foi a quenda dos solistas que foron alternando a súas aparicións no escenario con diferntes estilos musicais. O primeiro Suso Andrea interpretou Bienvenido, Pero a tu lado e María la portuguesa; Jaime Vilaseco, puxo o toque mexicano coas rancheras Ella, El tordillo, Elayudante, Ay amigo; e Rosa Oreiro interpretou Mujer contra mujer, Como una ola, El sol no regresa e Hoy quiero confesar. Para rematar a tarde música de acordeón da man do grupo de Pasarela Aserrín e viruta, composto po Eduardo Lema, Dito Lema. Alejandro Vidal, Sindo e Jacinto Paredes, que interpretaron Gozando na festa, Vals de Camraiñas, Ó son dunha gaita, Na beira do mar, Sinfoniña portuguesa e a última da tarde, Islas Canarias interpretada con acordeón e saxofón.
Manuel Antelo subiu ao escenario para agradecer aos artistas a marabillosa tarde que todos pasamos na Casa da Cultura, pero tampouco se puido librar de entoar unha canción acompañado ao acordeón por Jacinto Paredes. O alcalde lembrou unha vez máis, como se vén demostrando, que en Vimianzo hai talento, e moito, e que podemos estar ben orgullosos do noso.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X