Concello de Vimianzo
7 de novembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

ver todos

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

ver todos

Novas

13-10-2026

O programa Actívate 2026-2027 de Vimianzo arrinca con 917 usuarios nas escolas deportivas, culturais e dixitais.

O Concello de Vimianzo puxo en marcha o pasado 5 de outubro o programa Actívate 2026-2027, que conta este curso cun total de 917 usuarios e usuarias nas súas escolas deportivas e culturais e dixitais.

A iniciativa municipal reúne unha ampla oferta de actividades dirixidas a diferentes idades e intereses, co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables, impulsar a participación cultural e facilitar o acceso ao deporte e á cultura no municipio.

Do total de participantes, 496 están inscritos nas escolas deportivas, o que representa aproximadamente o 54,1 % dos usuarios, mentres que 421 participan nas escolas culturais e de achegamento ás novas tecnoloxías, un 45,9 % do total.

Estas cifras reflicten a boa acollida dunha programación que busca ofrecer alternativas de formación, convivencia e desenvolvemento persoal, ao tempo que contribúe á dinamización social das parroquias e á mellora da calidade de vida da veciñanza.

Con Actívate, o Concello de Vimianzo continúa apostando por uns servizos municipais próximos á cidadanía, que favorezan a práctica deportiva, a creatividade e o acceso á cultura como elementos fundamentais para o benestar e a cohesión social.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X