Concello de Vimianzo
7 de novembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

ver todos

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

ver todos

Novas

09-10-2026

Vimianzo presenta o Festival Vimindie, unha aposta pola autoedición e a cultura independente

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu este martes a presentación oficial do cartel do Festival Vimindie: Autoedición e cultura independente da Costa da Morte, unha nova proposta impulsada pola Asociación Cultural Airexa, coa colaboración do Concello de Vimianzo.

No acto participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, Raquel Gerpe, en representación da Asociación Cultural Airexa, representantes do IES Terra de Soneira e o ilustrador local Rubén Rial, nunha presentación que serviu para dar a coñecer as principais propostas dunha programación que se desenvolverá do 29 ao 31 de outubro.

Vimindie nace coa vontade de ofrecer un espazo para a creación independente, a autoedición e o encontro entre artistas, proxectos culturais, centros educativos e público, reunindo diferentes disciplinas e formatos.

Ao longo de tres xornadas haberá faladoiros, proxeccións, música, teatro, poesía, ilustración, fanzines, encontros con creadoras e creadores e presentacións de proxectos, ademais de actividades abertas á participación.

A mocidade e os centros educativos, protagonistas

Un dos eixes destacados do festival será a participación do alumnado dos centros educativos, que terá a oportunidade de presentar os seus propios proxectos creativos.
Entre eles está VimianSons, desenvolvido polo Departamento de Música do IES Terra de Soneira e coordinado polo profesor Efraím Díaz. Trátase dun mapa sonoro colaborativo que recolle sons de diferentes puntos do concello, acompañados de fotografías e xeolocalizacións, para construír un arquivo aberto da identidade sonora de Vimianzo.

O proxecto combina música, tecnoloxía, creación audiovisual e aprendizaxe-servizo, convertendo o alumnado en protagonista dun proceso de observación, gravación, edición e publicación.

A presentación de VimianSons terá lugar o xoves 29 de outubro, no marco do micro aberto de proxectos creativos de centros educativos, que se desenvolverá en formato Pechakucha no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.

Un espazo para a creación independente

A presenza na presentación do ilustrador local Rubén Rial pon tamén de manifesto a vontade do festival de dar visibilidade ás persoas creadoras do propio territorio e favorecer o encontro entre diferentes disciplinas artísticas.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou a importancia de apoiar iniciativas que ofrecen espazo á creación independente e que permiten dar visibilidade ao talento e ás novas formas de expresión cultural.

Mónica Rodríguez salientou tamén o valor de que a programación conte coa participación activa da mocidade e dos centros educativos, así como a capacidade de Vimindie para conectar diferentes axentes culturais e favorecer o encontro.

«A cultura non acontece só nas grandes cidades. Aquí tamén se crea, aquí tamén se innova e aquí tamén hai talento», sinalou a alcaldesa, que puxo en valor o traballo da Asociación Cultural Airexa e animou á veciñanza a participar nas actividades.
O Concello de Vimianzo agradeceu á entidade promotora a súa aposta polo municipio e convidou á cidadanía a descubrir a programación do festival, que nace desde o corazón da Costa da Morte cunha clara vocación de participación, intercambio e creación cultural.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X