Concello de Vimianzo
6 de setembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

19-08-2026

Nace ‘Luz na Soidade’, un podcast do Concello de Vimianzo para visibilizar a soidade non desexada

O Concello de Vimianzo, a través da súa Área de Benestar e co apoio económico de XEAL, pon en marcha ‘Luz na Soidade’, un novo podcast de sensibilización e divulgación que nace co obxectivo de visibilizar a soidade non desexada e o illamento social, así como  promover unha maior conciencia social arredor desta realidade.

A iniciativa forma parte de ‘Conectando Corazóns’, proxecto de loita contra a soidade non desexada e o illamento social desenvolvido dende a Área de Benestar do Concello de Vimianzo.

‘Luz na Soidade’ abordará esta problemática  desde unha perspectiva ampla e transversal,reunindo ao longo dos  seus diferentes episodios persoas procedentes de distintos ámbitos do coñecemento e da sociedade.

As conversas analizarán as causas, consecuencias e implicacións da soidade non desexada, analizando o fenómeno desde perspectivas sociais, psicolóxicas, económicas, sanitarias, políticas, demográficas e comunitarias.

O propósito é ir máis alá da idea da soidade como unha cuestión exclusivamente individual e entender os factores sociais e estruturais que poden favorecer o illamento, así como as ferramentas e respostas que poden contribuír a previlo e combatelo.

A Concelleira de Benestar : “Queremos que Vimianzo sexa unha comunidade na que ninguén se sinta só”

A Concelleira de Benestar, María José Pose, destaca a importancia de abordar a soidade non desexada desde unha perspectiva colectiva e de xerar espazos que permitan falar abertamente dunha realidade que pode afectar a persoas de todas as idades e circunstancias.
“Desde o Concello queremos poñer o foco nunha realidade que moitas veces permanece

 

invisible. A soidade non desexada pode estar moi preto de nós e, por iso, é fundamental escoitar, comprender e acompañar. Con ‘Luz na Soidade’ queremos abrir unha conversa necesaria e contribuír a construír un Vimianzo máis conectado, máis sensible e máis atento ás persoas.”

A responsable da Área de Benestar salienta tamén que iniciativas como esta forman parte do compromiso municipal de fortalecer os vínculos comunitarios e crear redes de apoio, entendendo o benestar das persoas como unha responsabilidade compartida.

Miguel Anxo Bastos, protagoniza o primeiro episodio

A primeira gravación de ‘Luz na Soidade’   celebrouse  hoxeno Pazo de Trasariz, en Vimianzo, e contou como primeiro convidado  con Miguel Anxo Bastos, profesor e analista especializado en pensamento económico e social.

Con esta primeira conversa dá comezo unha serie de entrevistas nas que se pretende ofrecer diferentes puntos de vista sobre un fenómeno complexo que pode afectar a persoas de moi diferentes idades e circunstancias.

Cada episodio terá unha duración aproximada de unha hora e media, permitindo desenvolver conversas en profundidade e abordar a problemática desde diferentes perspectivas.

Poñer palabras ao que moitas veces permanece invisible

Desde o Concello de Vimianzo destacan que a iniciativa pretende tamén favorecer unha mirada máis atenta e sensible cara ás persoas que poden estar a vivir situacións de soidade ou illamento, promovendo a empatía, a participación comunitaria e o fortalecemento das redes de apoio.

“A soidade non sempre se ve. Ás veces está detrás dunha porta, nunha casa, nunha familia ou mesmo no medio dunha multitude. Con ‘Luz na Soidade’ queremos poñer o foco nesa realidade e abrir un espazo para comprendela mellor e para preguntarnos que podemos facer, individual e colectivamente, para que ninguén quede atrás.”

 

 

 

Unha mirada colectiva a un problema social

‘Luz na Soidade’ pretende converterse nun espazo de reflexión e divulgación que contribúa a poñer palabras a unha realidade que moitas veces permanece invisible e a xerar unha conversa social arredor dela.

A iniciativa forma parte das accións de ‘Conectando Corazóns’, que busca promover desde Vimianzo unha resposta activa ante a soidade non desexada e o illamento social, implicando tanto ás institucións como á comunidade.

O proxecto parte dunha idea fundamental: combater a soidade non desexada é unha responsabilidade compartida e require fortalecer os vínculos entre as persoas, favorecer a participación social e construír comunidades máis conectadas e capaces de coidar das persoas que as forman.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X