Concello de Vimianzo
10 de agosto de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-07-2026

O Concello de Vimianzo remata as obras do Centro de Interpretación do Encoro do Orbellido, en Baiñas

O Concello de Vimianzo vén de rematar as obras de reforma do inmoble que acollerá o novo Centro de Interpretación do Encoro do Orbellido, na parroquia de Baiñas. A actuación foi financiada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e supón un novo impulso á posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico do municipio.

A intervención permitiu rehabilitar integralmente o edificio, mellorando as súas condicións de conservación, funcionalidade e accesibilidade. Os traballos incluíron actuacións para eliminar humidades, renovar pavimentos e carpinterías, mellorar os acabados interiores, instalar sistemas de ventilación e deshumidificación, ademais de dotar o espazo de mobiliario e paneis interpretativos que permitirán divulgar os valores ambientais, históricos e culturais da contorna do Encoro do Orbellido.

O investimento total da actuación ascendeu a 25.842,45 euros (IVE incluído), financiados polo GDR, permitindo recuperar un edificio municipal e transformalo nun novo recurso turístico, educativo e divulgativo para a parroquia de Baiñas e para todo o concello.

O tenente de alcaldesa, Víctor Muiño, destacou que "esta actuación supón recuperar un espazo que estaba en desuso para convertelo nun equipamento que contribuirá a divulgar a riqueza natural e patrimonial do Encoro do Orbellido. Queremos que este centro sexa un punto de encontro para a veciñanza e para quen nos visita, reforzando a oferta turística e educativa de Vimianzo e poñendo en valor un enclave de gran importancia para o noso municipio."

Con esta actuación, o Concello de Vimianzo continúa avanzando na recuperación de espazos públicos e na creación de novos recursos que contribúan á dinamización das parroquias, á conservación do patrimonio e ao impulso dun modelo de desenvolvemento rural sostible.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X