Concello de Vimianzo
22 de xullo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-06-2026

O Concello de Vimianzo conmemora o Día do Orgullo LGBTIQ+ e reafirma o seu compromiso coa campaña «Liberdade de ser e sentir»

O Concello de Vimianzo conmemorou o Día do Orgullo LGBTIQ+ cun acto institucional no que a concelleira de Benestar Social, María José Pose, deu lectura ao manifesto institucional,acompañada polo alumnado e o equipo directivo do Obradoiro de Emprego CAMUVI Forestal,reafirmando o compromiso municipal coa igualdade, a diversidade e o respecto aos dereitos de todas as persoas.

Durante o acto tamén se fixo entrega dos abanos da campaña «Liberdade de ser e sentir», unha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña para sensibilizar sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero e fomentar unha sociedade máis libre, igualitaria e inclusiva.

O Concello de Vimianzo forma parte desta campaña, á que está adherido xunto con outros concellos da provincia, participando nas accións de sensibilización e visibilización promovidas arredor do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+. A adhesión supón o compromiso de impulsar valores de respecto, igualdade e non discriminación, contribuíndo a facer de Vimianzo un espazo no que todas as persoas poidan vivir con liberdade e sen medos.

A través desta iniciativa, o Concello renova o seu compromiso coa defensa dos dereitos das persoas LGBTIQ+ e coa construción dunha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X