Concello de Vimianzo
22 de xullo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-06-2026

O Concello de Vimianzo impulsa novas actividades para promover o patrimonio local e os hábitos de vida saudables

O Concello de Vimianzo continúa desenvolvendo unha programación diversa dirixida á veciñanza coa posta en marcha de novas actividades centradas no coñecemento do territorio, a práctica deportiva e a promoción de hábitos de vida saudables.

Entre as propostas previstas para as próximas semanas destaca unha nova edición de Recunchos, un programa de andainas interpretativas que permitirá descubrir a riqueza natural, histórica e patrimonial do municipio a través de diferentes percorridos guiados.

A primeira actividade, “Dende Vimianzo a Castrobuxán”, celebrarase o 20 de xuño, con saída ás 09:30 horas e remate estimado arredor das 14:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario: https://forms.gle/LdGYC8gurieXXnMSA

O programa completarase con novas citas ao longo dos próximos meses: Os Penedos de Pasarela e Traba (11 de xullo), Bamiro: un paseo pola historia (29 de agosto), Noite de petros (4 de setembro) e Polas terras de Salto (19 de setembro). Todas as andainas comezarán ás 09:30 horas, agás Noite de petros, que dará comezo ás 21:00 horas.

Por outra banda, o Concello celebrará o 21 de xuño o XIII Día da Bicicleta, unha actividade consolidada no calendario municipal que ten como finalidade fomentar o uso da bicicleta como práctica deportiva saudable e como medio de transporte sostible.

A concentración das persoas participantes terá lugar ás 10:30 horas na Praza do Concello, mentres que a saída está prevista para as 11:00 horas. A marcha cicloturista contará cun percorrido aproximado de 11 quilómetros, pensado para todos os públicos e especialmente para desfrutar en familia, percorrendo distintas rúas do núcleo urbano e diversos espazos da contorna do Val de Vimianzo.

A organización lembra que será obrigatorio o uso do casco durante toda a actividade. As inscricións poden realizarse a través do formulario habilitado no enlace: https://forms.gle/fxvmaTv8BGrL86aKA

Con estas iniciativas, o Concello de Vimianzo reforza a súa aposta por actividades que favorecen o coñecemento do patrimonio local, a participación cidadá, o lecer activo e o respecto polo medio natural.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X