Concello de Vimianzo
13 de marzo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-02-2026

Baíñas pecha o Entroido cun pavillón ateigado

Baiñas despide un Entroido inesquecible cun pavillón ateigado de xente, entregada e con ganas de festa, para gozar das actuacións de centos de persoas disfrazadas que encheron a tarde de cor, creatividade e alegría.

Comparsas, grupos, parellas, familias e individuais fixeron vibrar o escenario e demostraron, unha vez máis, que o Entroido en Baiñas é participación, comunidade e ilusión compartida.

Grazas a todas as persoas participantes, ao público, a e a quen fixo posible que todo saíse perfecto, en especial á Comisión de Festas de Baiñas.
Máis de 3.000 € en premios.

Establecéronse os seguintes premios por categorías:

- Comparsas de 20 ou máis integrantes: 1.000 € (1o premio), 500 € (2o premio), 200 € (3o premio).
- Grupos de 3 a 19 integrantes : 300 € (1o premio), 200 € (2o premio), 100 € (3o premio).
- Familias empadroadas en Vimianzo ( mínimo 6 integrantes e 3 xeracións) 200€
- Parellas: 100 € (1o premio), 75 € (2o premio), 50 € (3o premio).
- Infantís individuais: 60 € (1o premio), 40 € (2o premio), 20 € (3o premio).
- Adultos individuais: 100 € (1o premio), 75 € (2o premio), 50 € (3o premio).

Premiados do Concurso de Disfraces 1o individual infantil:
- LA PRINCESA DE LOS CUENTOS 60 € (1o premio)
- CRISTOBAL COLÓN ( 2o premio)

2o individual adultos
- ABUELA GALLEGA 100 € (1o premio)
- OPTIMUS PRIME 75 € (2o premio)
- O PULPEIRO DE SANFÍNS 50 € (3o premio).

3o Parellas
- OS CHAPALATAS 100 € (1o premio)
- AS MEDUSAS 75 € (2o premio)
- CABALIÑOS MONTE FARO 50 € (3o premio).

4o grupos
- SOÑOS IMPRESOS-CLUB FERVELLO 300 €(1o premio)
- A LUZ DO CAMIÑO – PONTEDISFRAZ 200 € (1o premio)
- CARANTOÑA NAS NUBES 100 € (3o premio)

5oFamilias de Vimianzo
- OS PATO DE PALO Y PALITO 200€

6o comparsas
-- LATEXO GALEGO – A.C. MOCATRIZ 1.000 € (1o premio)
- FIOS DO SALITRE A. C. O CANSORRIÑO 500 € (2o premio)
-A FÁBRICA DA LUS- A.C.TRUBISQUIÑA 200 € (3o premio).

O xurado do concurso estivo formado por: Mar Barreiro ( Voz de Galicia), Natalia Lema e Josefina Fernández ( A.C. Baiñas no Camiño, ás que o Concello agradece a súa labor,

Pechamos o Entroido 2026 co corazón cheo... e xa contando os días para o próximo!

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X