Concello de Vimianzo
13 de febreiro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-12-2025

Noa Sampedro Soto gaña o Concurso infantil de Postais de Nadal de Vimianzo

Hoxe coñecemos a postal gañadora do Concurso infantil de postais de Nadal de Vimianzo, que será empregada como imaxe do Concello para felicitar estas datas a todos os veciños e veciñas.

Noa Sampedro Soto conseguiu o galardón coa súa representación, unha proposta a modo de “graffiti” na que se poden visualizar algúns dos elementos máis característicos do municipio: o Castelo e o lume son protagonistas, pero tamén se ve o cepo de Nadal, un patín en homenaxe á pista de xeo, os agasallos e a bóla de Nadal...

Ademais, durante o acto fíxose tamén entrega dos premios aos gañadores de cada categoría.

As diferentes propostas presentadas poderanse ver na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura. A concelleira responsable desta área, Rosa Blanco, destacou “a ampla participación no concurso, que cada ano nos mostra o alto nivel creativo e artístico que temos en Vimianzo” e felicitou e agradeceu a todos os pequenos e pequenas pola súa participación.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
22
23
24
25
26
27
28
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X