Concello de Vimianzo
23 de setembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-08-2012

150 atletas percorreron as rúas de Vimianzo na primeira edición da carreira pedestre

As rúas de Vimianzo deixaban ver desde a primeira hora da mañá a presenza de numerosos atletas dispostos a participar na I Carreira pedestre concello de Vimianzo. 150 atletas que se reunían na praza do concello acompañados de amigos e familiares, dispostos a animar aos participantes.
Os máis madrugadores, na categoría xuvenil, saían da meta ás 10 da mañá dispostos a percorrer 2000 metros no menro tempo posible. Abraham Trillo Fernández, Uxío Caamaño Blanco e Damián Valiña Espasandín foron os tres primeiros clasificados na categoría masculina. Ás 10.20 horas saía a segunda proba, os atletas da categoría cadete, co mesmo percorrido de 2000 metros que os xuvenís.Nesta categoría alzábanse co trofeo adrián Gil Freire en primerio lugar e Adrián Remuiñán Caamaño no segundo, na categoría masculina; en canto á feminina a gañadora foi Paula Remuiñán Ferreira.
Ás 11 da mañá o ambiente deportivo era pleno na vila, xa que estab a a piques de comezar a carreira absoluta, con 120 atletas masculinos e femininos dispostos a percorrer os 1000 metros, nas categorías junior, senior, m40 e m50. En pouco máis de media hora os primeiros clasificados entraban na liña de meta entre os aplausos do numeroso público que agardaba na rúa Vázquez Mouzo á chegada dos deportistas. Alberto Carou Carril do club de Atletismo do Milladoiro era o primeiro en cruzar a meta, cun tempo de 34:45, seguido de preto por Ángel Maceiras Lago, do club de Atletismo Sar-A Poutada do Burgo, cunha marca de 34:49. Martín Regueira Rellán, do Club Os Muditos de Soesto, Laxe facía a terceira mellor marca con 35:34 minutos. En canto á categoría feminina, a atleta con mellor marca foi a vimiancesa Teresa Castro Villaverde, do Club de Atletismo de Noia, que cruzaba a meta cun tempo de 41:31 minutos. A segunda clasificada foi a coruñesa Eva María Portas Lemus, cunha marca de 43:13 minutos e a terceira clasificada a santiaguesa Purificación Bermúdez Turnes, do Club Noitebra FC que conseguiu unha marca de 44:31. Dentro das diferentes categorías Adrián Maceiras do Club de Atletismo Sar-A Poutada, de Muros alzouse co trofeo Junior promesa masculina, cun tempode 39:32. Na categoría senior masculina os tres primeiros clasificados André Luz Souza, da Coruña, era o primeiro clasificado cun tempo 35:46. O segundo foi o compostelán José Manuel Iglesias Torres, do Club Noitebra FC cunha marca de 35:46. Pechando o podio cunha marca de 36:19 Sergio Oliveira Boga, do Club de Natación de Riveira. Na categoría senior feminina a primeira calsificada foi a coruñesa Estela María Portas Lemus (45:58) seguida en segundo lugar por Raquel Balseira Sanmiguel, de Vilagarcía de Arousa (52:38) e no terceiro posto Belén Noya Pérez do Club Noitebra FC, de Santiago de Compostela (54:30). Na categoría m40 masculina os tres primeiros clasificados foron José Ramón Mayo Martínez, de Muros (Club Atletismo Boimorto) que chegou á meta cun tempo de 37.18; no segundo posto Francisco Sanmarco Santos (37:53) de Pontecesures (Club de Atletismo Sar-A Poutada) e no terceiro posto e un tempo de 38:39 o carballés José Ramón Ríos Recarey de A.D. Media Ducia. na categoría feminina María Dolores Muñiz Cabana do Club Verxel N.D., de Lugo, conseguía a mellor marca (45:48), seguida por julia Castro Villaverde, da Coruña (51:00) e Lola Ramos Hermo de Santiago de Compostela (1:01:56). Na categoría m50 mascullina José Manuel Rodríguez Tajes, de Camariñas alzábase co trofeo de primerio clasificado cun tempo de 37:40, en segundo lugar, José Antonio Martínez García, de Oleiros (Club de Atletismo Sada) cunha marca de 38:31 e en terceiro lugar o compostelán José Antonio Bermúdez Turnes do Club Noitebra cun tempo de 38:45. O trofeo ao corredor máis veterán en rematar a proba foi para Antonio Remuiñán Sánchez, de Carballo, que conseguía un tempo de 47:13. en canto ao primeiro corredor local masculino o trofeo foi para José Rodríguez Espasandín, de Treos.
A partir das 12 daban comezo as probas para os máis pequenos e pequenas. Na categoría infantil masculina, que percorreron 1000 metros, os gañadores foron: Anxo Vigueret Santabaya, seguido de Isaac Figueiras Maceiras e Alejandro Freire Gil. Ás 12.20 saían os participantes da categoría alevín, que realizaron un percorrido de 800 metros. Na categoría masculina os gañadores foron en primeiro lugar Jorge Quintáns García, no segundo lugar Sergio Catiñeria Vilariño e o terceiro posto compartírono David Roget Blanco, Mohamed Handi Sidahme e Handi Baih Hamdi. Na categoría feminina o primeiro posto foi para Noelia Iglesias Caamaño e p seundo para Claudia Ríos Rodríguez. Os últimos atletas foron os da categoría benxamín que saían ás 12.40 dispostos a realizar un percorrido de 300 metros. nesta proba os gañadores da categoría masculina foron Marcos Castro Mouzo, en primeiro lugar, e Erick Rodríguez Pequeño, en segundo. Na categoría feminina as gañadoras foron Alexia Canosa Rojo, no primeiro posto, Isabel Santos Facal, no segundo, e o terceiro compartírono Paula Iglesias Espasandín e Nerea iglesias Caamaño.                        

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X