Do 17-11-2025 ao 17-11-2025
Do 24-11-2025 ao 24-11-2025
Hoxe deu comezo a Semana Sénior en Vimianzo coa mesa redonda 'Corazóns conectados'.
Estivo moderada pola xornalista Patricia Blanco e dirixida ao alumnado do ciclo medio e superior do IES Terra de Soneira.
Participaron a concelleira de Benestar Social, María José Pose; o psicólogo municipal, Sergio Trillo; a traballadora social e coordinadora do departamento de Servizos Sociais, Sandra Abeijón; o director e xerente dos centros auditivos OE+, enfermeiro e xerontólogo, Lucas Fernández; e a veciña de Carnés María Barrientos Lema.
A programación, enmarcada no Plan de loita contra a soidade non desexada e o illamento social ‘Conectando Corazóns’, conmemora o Día Internacional das Persoas Maiores.