Concello de Vimianzo
31 de marzo de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-07-2012

A Faguía, 400 anos de tradición

Na véspera da celebración da Faguía moitos veciños e veciñas de Carnés quixeron participar nunha cita coa súa historia. Nunha charla organizada polo concello, Leonardo González, falou do pasado e presente dunha tradición de máis de 400 anos que os veciños e veciñas recuperaron e seguen mantendo viva na actualidade. A xente de Carnés coñece ben o arqueólogo e investigador Leo González, pois no ano 2004 realizou unha minuciosa investigación sobre as orixes da Faguía para o que botou man do testemuño de moitos veciños e veciñas da parroquia, froito desta investigación o arqueólgo realizaría o proxecto co que se conseguiu a declaración de Festa de Galicia de Interese Turístico.
O domingo Leonardo lembrou aquel traballo de investigación e remontouse ás orixes da Faguía, aló polo ano 1608, cando a Confraría de San Cristovo comezou a realizar a comida de confraternización na véspera da festividade de San Cristovo, celebración dunha misa, procesión, realización dunha poxa. Falou da construción da Cerca, lugar onde aínda hoxe se celebra a Faguía, para evitar que xente allea á confraría se aproveitase da comida que pagaban os confrades coas cotas.
A Desamortización de Mendizábal e as épocas de fame e carestía de finais do s.XIX e primeiros do XX levaron á desaparición de moitas confrarías polo que deixou de facerse a comida de confraternización. Foi a partir desta época cando a comida se tornou nunha comida para pobres consistente nunha ración de arroz, pan e un pouco de viño, e foi desde a Guerra Civil cando se empezaron a servir callos e esta tradición mantívose ata os anos 70. No ano 1981, un grupo de veciños e veciñas de Carnés decidiron volver recuperar esta tradición e a comisión de festas, axudada por voluntarios e voluntarias da parroquia, encárganse nos días previos á festa de preparar o callos que se serven para veciños e visitantes cada 9 de xullo na Cerca de Carnés. 



Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
4
5
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X