Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Vimianzo celebrará o 22 de xuño a décimo segunda edición do Día da Bicicleta, unha iniciativa coa que se promove o uso do biciclo como unha actividade deportiva saudable e un medio de transporte sostible.
Trátase dunha pequena marcha cicloturista na que as familias percorrerán diferentes rúas do núcleo urbano e por lugares próximos á vila, dispersados polo Val de Vimianzo. O punto de concentración será a praza do Concello e a saída realizarase ás 11:00 horas desde este lugar.
A actividade está dirixida para todos os públicos, pero os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. Así mesmo, o uso de casco será obrigatorio para todas as persoas que participen na actividade, que deberán inscribirse previamente a través de www.vimianzo.gal.
A actividade é completamente gratuíta e o prazo límite de inscrición é o 21 de xuño. Colaboran Club Triatlón Costa da Morte e MTB Val de Soneira.