Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-06-2012

A Formación profesional, unha oportunidade de emprego

Nos tempos que corren é necesario ter formación académica para poder acceder ao mercado laboral e unha oportunidade ao alcance da nosa man, sen ter que desprazarnos do noso concello, é a Formación Profesional. No IES Terra de Soneira hai actualmente dous ciclos formativos da familia da administración: un ciclo medio de xestión administrativa e un ciclo superior de administración e finanzas. 

A xornada comezaba ás 10 da mañá, coa presenza da directora do centro, Teresa Araújo, que lembraba a longa andadura da froamción profesional no instituto vimiancés, que xa leva funcionando desde hai uns 30 anos. Sinalaba a importancia de lograr o alumnado necesario para manter os dous ciclos formativos que existen agora mesmo e non se perdan como aconteceu co ciclo de electrónica e electricidade que se perdeu hai dous anos por falta de matrícula. A continuación tivo lugar un panel de experiencias de alumnos e alumnas que cirsaron esta formación e accederon ao mercado laboral. A traballadora municipal Lorena Cernadas foi unha destas alumnas que logo de cursar o ciclo de administración e completar a súa formación académica, hoxe é a responsable do telecentro e dos cursos da aula CeMIT do concello de Vimianzo. Outra alumna que acaba de rematar un destes ciclos, Sheila, contounos a súa experiencia de como a pesar de estar aínda estudando atopou traballo e puido compatibilizar as dúas cousas grazas á adaptación do profesorado, conseguindo a día de hoxe manter ese traballo. Fermín Simal, de Barizo Asesores, foi no seu día estudante de formación profesional e lembrou a importancia que é ter formación académica á hora de buscar un traballo, dada a alta competitividade laboral.
A profesora do departamento de administración do IES Terra de Soneira, Ángeles Iglesias, fixo unha presetnación dos ciclos que se ofertan no instituto, os requisitos que se esixen para acceder, o funcionamento destas ensinanzas e as sáida laborais.
Pechou a xornada Manuel Antelo que quixo facer fincapé na necesidade urxente de conseguir a matrícula necesaria para manter os ciclos formativos antes do vindeiro luns, animando aos presentes a matricularse xa que poden atopar neste ámbito unha saída laboral, lembrando que agora mesmo é primordial conservar estas ensinanzas, do mesmo xeito lembrou a intención do goberno municipal, e do pleno do concello, de loitar para conseguir novos ciclos formativos para o IES vimiancés, para o que emprazou a dirección do centro para manter novas reunións ao respecto no vindeiro maes de setembro.  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X