Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello deu comezo ás obras de pavimentación do viario de Oróns, na parroquia de Bamiro. A actuación será financiada a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Os traballos levaranse a cabo nun total de 375 metros divididos en tres treitos distintos de 110 x 4,5 metros, 120 x 3,5 metros e 145 x 3,5 metros e un abano de 45 metros cadrados.
Nos treitos de 110 x 3,5 e 120 x 3,5 metros procederase á limpeza de gabias a ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente, procedéndose de maneira previa ao fresado do pavimento existente.
No que respecta ao treito de 145 x 3,5 metros e ao abano de 45 metros cadrados procederase á limpeza de gabias a ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe. Para isto aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, na que previamente se terán reparado os desperfectos existentes na actualidade.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, incidiu en que esta actuación permite “mellorar as infraestruturas do noso rural, algo prioritario no noso día a día. Deste xeito seguimos incrementando a seguridade e facilitando os desprazamentos dos nosos veciños e veciñas nos diferentes lugares”.