Concello de Vimianzo
15 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-02-2025

O Concello comezará mañá as obras de humanización da rúa Castelao

O Concello comezará mañá as obras de humanización da rúa Castelao

O Concello de Vimianzo comezará mañá, luns 3 de febreiro, as obras de humanización e mellora urbana noprimeiro tramo da rúa Castelao e fronte da praza do Concello.

A actuación, que conta cun orzamento de execución de 285.000 euros, inclúe a repavimentación da zona que dá fronte ao Concello e comezo á rúa Castelao. Conestes traballos búscase dar un aspecto de unidade ao conxunto cun acabado de formigón na zona de circulación de vehículos. Deste xeito, quedaría todo nunha única plataforma, convertendo esta área nunha zona peonil para pasear. Incorporaranse tamén vexetación e pequenas zonas verdes.

O pavimento da zona para a circulación de vehículos será de lousa de formigón, cun eixo central de adoquín. Este material será tamén o que separe o carril da zona peonil, cuxo pavimento será de lousa de granito no caso da rúa Castelao e de baldosa con acabado en grao na rúa Vázquez Mouzo. Os catro pasos de peóns non sufrirán modificacións, manténdose nos mesmos lugares que na actualidade.

Respectaranse os vados actuais e as terrazas sempre e cando cumpra a normativa vixente. Tamén se permitirá na rúa Castelao o estacionamento, que será minutado, e manterase con normalidade na Vázquez Mouzo. Instalaranse pasarelas no interior da obra para poder cruzar desde a parte superior da Castelao á praza do Concello, ou aos outros tramos da rúa Vázquez Mouzo.

Os traballos inclúen tamén a instalación de pluviais, previa ao pavimentado, construíndose a rede de evacuación dos mesmos a ambos lados da vía e conectando os embornais con rexiña de protección e tubaxe para empalmar coa rede de evacuación localizados na rígola. Isto suporá a separación das augas pluviais e fecais, que na actualidade transcorrían pola mesma liña. Tamén se realizará unha nova rede de saneamento que manterá o mesmo trazado que a actual, xa que a existente está en mal estado.

Na rúa Vázquez Mouzo manterase a ubicación das luminarias, mentres que na rúa Castelo colocarase iluminación suspendida. Instalarase tamén a canalización da electricidade e telecomunicacións para o seu futuro soterramento.

Por último, realizarase tamén o remedrado e adaptación de todas as arquetas e bocas dos outros servizos existentes para adaptalas a rasante da vía resultante das obras. Tamén se mellorará o mobiliario urbano.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou que se trata “da primeira fase dunha das obras de maior calado da historia recente de Vimianzo. Sabemos que namentres duren as intervencións a veciñanza sufrirá molestias, que trataremos de que sexan as menores posibles, e agradecemos a súa paciencia e colaboración. Tamén quero agradecer a comprensión dos titulares dos postos da nosa Feira, que tras a reunión mantida se reubicarán noutros emprazamentos en rúas contiguas á Castelao, como a Evaristo Martelo e Curros Enríquez”, sinalou a rexedora.

Reubicación dos postos da Feira

O goberno local, previo ao comezo das obras, mantivo unha reunión cos titulares dos postos da Feira, xa que estas intervencións faranse nun tramo polo que descorre dito mercado, afectando así á instalación dos tenderetes.

Chegouse así a un acordo de reubicación dos mesmos namentres duren os traballos, e como solución provisional. Garántese, á súa vez, o acceso aos establecementos comerciais de dita rúa, así como ás garaxes das vivendas colindantes. Tamén se mantiveron xuntanzas con residentes e propietarios dos establecementos, para explicar os cambios provisionais e o futuro e contexto desta zona a futuro.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X