Concello de Vimianzo
15 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-01-2025

O Concello aproba en Pleno coa unanimidade de todos os grupos políticos dedicar o 100% do Plan Único a obras e a renovación do campo de fútbol municipal

O Concello aproba en Pleno coa unanimidade de todos os grupos políticos dedicar o 100% do Plan Único a obras e a renovación do campo de fútbol municipal

O Concello de Vimianzo celebrou esta mañá unha sesión ordinaria do Pleno da corporación onde se aprobou coa unanimidade de todos os grupos políticos dedicar a totalidade da partida económica do Plan Único da Deputación da Coruña a obras, así como aprobouse a renovación do campo de fútbol municipal de Vimianzo.

En total, serán 1.241.524,92 euros os que se adicarán a melloras das infraestruturas, a totalidade da contía económica da que se dispón neste ano. Dentro das obras previstas, realizarase: a pavimentación da estrada municipal de Tufións (138.475,82 euros), a pavimentación do núcleo de Sanfíns (80.077,83 euros), o arranxo de rúas e rede de saneamento no núcleo do Sisto (166.000 euros), a mellora do viario Carnio-Serramo (179.465,92 euros), a ampliación e mellora da praza de Calo (198.922,17 euros), a mellora dun viario en Reparada (210.839,90 euros) e a mellora do viario Carnés-Vilar (97.132,33 euros). A Administración local achegará 42.000 euros de fondos propios para poder realizar as sete intervencións.
 
No Plan Complementario inclúense as intervencións de pavimentación en varios viarios de Sansobre, cun investimento de 170.610,96 euros. 
 
No terceiro punto da orde do día, “o ditame sobre a aprobación da liquidación definitiva correspondente ao exercicio 2024 do contrato de xestión de servizos municipais de vivenda comunitaria, centro de día, escola infantil e comedor e lavandería sobre rodas”, o portavoz do Bloque Nacionalista Galego suxeriu que a Escola Infantil se adherise á  denominación de Galiña Azul da Xunta de Galicia, alegando o correspondente aforro económico para as arcas municipais. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, aclarou que “se ten pedido a transferencia de servizo á Administración autonómica, pero en todo caso pasar a formar parte destes centros da rede do Consorcio Galego de Benestar, que no noso caso equivalería a suprimir servizos fundamentais. Reduciríanse os horarios, pecharíase en agosto, perderíase a cociña propia e tamén o transporte... Algo tremendamente negativo para as familias e polo que non estamos dispostos e dispostas a pasar desde o equipo de goberno”.
 
 
Renovación do campo de fútbol municipal
 
No último punto da sección resolutiva da orde do día plantexouse a obra de renovación do campo de fútbol municipal de Vimianzo, un proxecto que conta cun orzamento de  480.075,92 euros no que se contempla un novo tapiz, a mellora das reixas do perímetro do terreo de xogo, a mellora das bocas de rego e a ampliación e reforma da cantina. En todo caso, esta obra non está incluída no Plan Único da Deputación da Coruña.
 
Esta última intervención, resultado de moito traballo previo, de xuntanzas co equipo redactor do proxecto, co concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, co técnico de Deportes, Víctor Santos, e cos responsables dos equipos vimianceses. “O proxecto que vemos hoxe é froito do consenso e de escoitar a quen debemos: ás persoas usuarias desta instalación”, destaca o edil de Deportes. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X