Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-11-2024

Vimianzo aproba o maior orzamento da súa historia: máis de 9 millóns de euros

O Concello de Vimianzo deu luz verde na sesión plenaria ordinaria celebrada hoxe, 27 de novembro, aos orzamentos máis altos da súa historia, cunha cifra récord de 9.030.199,2o euros, un 5 % máis que o ano pasado e un 50 % máis que en 2022. Un ambicioso plan económico que reflexa a vontade de fortalecer os servizos públicos, atender demandas cidadás esenciais e avanzar en proxectos estratéxicos que marcarán o desenvolvemento do municipio.

Contou cos votos a favor do grupo de goberno e do Partido Popular e coa abstención do Bloque Nacionalista Galego. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer o esforzo e colaboración de todas as persoas que o fixeron posible “traballamos intensamente para que estes orzamentos sexan equilibrados, responsables e centrados nas prioridades que nestes momentos presenta o noso municipio”. A rexedora fixo tamén un agradecemento especial á Deputación da Coruña, xa que, afirmou “o seu apoio é fundamental cada ano para poder acometer inversións de gran calibre no concello”.

Do mesmo xeito, Rodríguez agradeceu “o traballo realizado desde os departamentos de Tesourería, Intervención e os servizos económicos municipais en xeral e os concelleiros do goberno, que permiten que hoxe presentemos este documento tan importante para Vimianzo”.

Destes 9.030.199,20 euros, 2.402.000 euros estarán destinados ao capítulo de persoal. Esta cifra permitirá reforzar áreas clave como os servizos de limpeza ou o equipo administrativo, que afronta unha crecente carga de traballo para atender á cidadanía. Ademais, este ano contarase co Plan de Emprego Local que permitirá contar con brigadas a maior parte do ano, o mesmo cun técnico de turismo, psicólogo e educador social.

Do mesmo xeito, dedicaranse 3.683.119 euros a bens e servizos públicos, asegurando a operatividade e o mantemento de infraestruturas municipais. Neste eido inclúese o gasto do servizo de luz pública (230.000 euros), da recollida de lixo (300.000 da nova empresa e 250.000 de Sogama), o mantemento de vías municipais, ou o Servizo de Axuda no Fogar, que ascende a 915.931 euros, entre outros.

As inversións a efectuar a nivel infraestrutural ascenden a 1.917.454 euros e contémplase a renovación do céspede artificial no campo de fútbol municipal, a mellora no viario interior no núcleo de Reparada, o acondicionamento e finalización da instalación do saneamento no núcleo de Sisto, o saneamento en A Devesa, primeira fase do sobreancho da estrada do xeriátrico a Reboredo, nova fase de pavimentación de Baíñas a A Piroga, e diversos camiños, entre eles o campo da Milleira, entre outras actuacións. Para mantemento de viarios e camiño arredor de 300.000 euros.

Este documento recolle tamén as axudas as actividades culturais, deportivas e de arte e palillo, que desempeñan un papel crucial no tecido social do municipio. A partida ascende a case 300.000 euros. Nela inclúese o apoio de case 100.000 euros á celebración das diferentes festas do municipio. No que respecta ás subvencións ás asociacións do fomento do deporte e da cultura a suma é de máis de 50.000 euros.

Para axudas escolares e de natalidade resérvase unha partida de case 50.000 euros. Para programas de conciliación (campamentos, servizo de madrugadores) e actividades sociais suman arredor de 150.000 euros. Con respecto á escola infantil municipal, destinaranse máis de 250.000 euros.

A alcaldesa remarcou que estes orzamentos son froito dun gran esforzo colectivo e un exemplo de traballo en equipo “dedicáronse moitas horas e moito esforzo para que estas contas reflictan as prioridades do noso municipio. Unhas contas que xestionamos coa máxima responsabilidade e transparencia”.

Ademais, sinalou, “logramos pechalas sen realizar ningunha subida de impostos que afectase aos nosos veciños e veciñas, mentres que non nos esixan que o servizo non poida ser defitario. Somos conscientes de que nestes momentos é así, e a pesar de isto as arcas municipais teñen que asumir un importante custo”.

Outros puntos na orde do día

Ademais, o pleno aprobou por unanimidade o regulamento do servizo de madrugadores do Concello de Vimianzo e o regulamento de réxime interno da escola infantil municipal.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X