Concello de Vimianzo
4 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-11-2024

Posta en marcha do Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba

A Xunta de Galicia presentou hoxe nunha visita aos Penedos de Pasarela e Traba o seu Plan de Xestión, o primeiro que se aproba en Galicia para garantir a protección e conservación dunha paisaxe protexida.

O presidente autonómico, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, fixeron un percorrido pola zona acompañados do alcalde de Laxe, Francisco Charlín, e a rexedora de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

Trátase dun espazo natural único pola singularidade e valor, pola riqueza da súa biodiversidade e pola súa situación xeográfica.

O Plan de xestión, que saíu publicado no día de hoxe no Diario Oficial de Galicia e que entrará en vigor en 20 días, busca definir os principais valores da zona e regular os usos e actividades que se poden realizar neste espazo natural.

Rodríguez sinalou a “importancia de dar a coñecer a riqueza coa que contamos e poñela en valor. Este plan é un antes e un despois para seguir traballando e con investimentos que nos permitirán manter este espazo coidado e convertelo en todo un punto de referencia”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X