Concello de Vimianzo
1 de xuño de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-06-2012

A Escola de Tearto de Vimianzo logrou sorprender ao público con Vodevil

A programación cultural do "mes do noso" da Casa da Cultura consegue encher cada fin de semana o auditorio municipal por un público disposto a ver no escenarios familiares, veciños, amigos e coñecidos. Como non podía ser doutro xeito, o auditorio da Casa da Cultura agardaba co patio de butacas completo o pasado domingo a estrea de Vodevil, por parte da Escola de Teatro de Vimianzo. A parte máis difícil pero tamén máis agradecida para os protagonistas da tarde.
Ivanna Vidal, Vicky Fernández, Míchel Antelo, Nieves Lema, Paloma Vilela, María Leis e María José Varela, dirixidos por Toño Casais, de Talía Teatro, fixeron unha xenial interpretación dun espectáculo cómico que mostra que a realidade supera moitas veces a ficción. A estrea de Vodevil causou grande admiración entre o público asistente, coa mestura no propio espectáculo de dous mundos paralelos na función, con situacións do mundo real e irreal dos propios personaxes, que nun primeiro momento confundiron ao espectador, mais axiña quedou aclarada a trama co decorrer da función.
O público rompeu en aplausos ao pechar o telón e agardaron a saída dos actores e actrices para felicitalos persolmente polo traballo realizado.Mais, antes de que o público abandoase a sala, os artistas quixeron ter un detalle de agradecemento co seu director, Toño Casais, entregándolle un ramo de flores e dedicándolle un forte aplauso de todos os presentes.
Logo das actuacións das escolas de teatro infantil de Vimianzo e Carantoña e dos grupos de Salto, Pasarela e Vimianzo, o vindeiro domingo serán os de Berdoias os que poñan o peche final a este ciclo de teatro afeccionado coa estrea de A verdade por diante.

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X