Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-05-2024

Exhibicións, inchábeis e churrascada para despedir o curso das escolas deportivas

O alumnado das escolas deportivas despídese do curso 2023/2024 cunha xornada na que haberá exhibicións, inchábeis e churrascada.

Será o vindeiro venres, 31 de maio, cando os rapaces e rapazas poidan gozar dun día diferente ao mesmo tempo que teñen a oportunidade de demostrar todo o aprendido durante todos estes meses de traballo ao público.

Dará comezo a partir das 17:00 horas no pavillón polideportivo cunha mostra do alumnado de patinaxe artística, taekwondo e tiro con arco.

A partir das 18:30 horas a Praza do Concello encherase de inchábeis para a cativada e, neste mesmo espazo, a partir das 20:30 horas, haberá unha churrascada para todos os alumnos e alumnas das escolas.

Ese día, co obxectivo de que as crianzas poidan participar nas actividades propostas se así o desexan, cancelaranse todas as clases das escolas deportivas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X