Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-05-2024

Vimianzo presenta un Roteiro Saudable polo paseo fluvial para fomentar o exercicio físico entre a veciñanza

O Concello de Vimianzo presentou na tarde de hoxe, 16 de maio, o seu Roteiro Saudable, realizado en colaboración co Centro de Saúde municipal.

No acto participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, os concelleiros de Deportes e Benestar Social, Sergio Miñones e María José Pose, o técnico de Deportes, Víctor Santos xunto coas persoas do centro de saúde. Ademais, tamén asistiron persoas participantes nas diferentes actividades deportivas municipais para facer, en primicia, o percorrido.

Trátase dun tramo deseñado e sinalizado co obxectivo de habituar á veciñanza en xeral e, particularmente, á poboación maior, a facer exercicio físico de forma regular como medio para a mellora da saúde e da súa calidade de vida.

O roteiro, de carácter circular, ten unha distancia de 3,6 quilómetros que transcorre fundamentalmente polo paseo fluvial e por rúas que rodean o núcleo urbano de Vimianzo, todas dotadas de beirarrúas e alumeado público para garantir, así, a seguridade das persoas usuarias.

Durante a ruta faise fincapé nos múltiples beneficios de camiñar, como: prevención de enfermidades, benestar física, redución da obesidade ou mellora do estado anímico. Así como as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) ao respecto: facer entre 150 e 300 minutos á semana, realizar exercicios de forma, dar entre 7.000 e 10.000 pasos diarios e manter unha actividade física intensa.

Senda peonil na contorna do Rego de Cambeda

Durante a tarde inaugurouse tamén a senda peonil na contorna do Rego de Cambeda, que vai desde a rúa Vilar ata a avenida de Fisterra.

A actuación, financiada a través do Plan de Obras e Servizos POS+2019 da Deputación da Coruña, contou cun orzamento de 133.335,17 euros.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou o “poder transformador da actividade física nas vidas das persoas, polo que é un orgullo presentar unha ruta que nos dá a coñecer os múltiples beneficios que ten e que nos mostra, a través de diversos puntos informativos, o que supón na nosa vida”.

Sinalou que está “deseñada especificamente para fomentar a actividade física dunha maneira segura e accesible para todos e todas, ofrecendo unha oportunidade única para camiñar ou correr ao mesmo tempo que se goza dunha contorna natural dunha beleza única”. Ademais, completou, é “unha mostra máis do noso forte compromiso co benestar da veciñanza, proporcionando, nesta ocasión, unha oportunidade máis de actividade deportiva a todas as ideades”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, insistiu “nos infinitos beneficios da actividade física e de manterse activos en todas as idades” e resaltou que se trata “dunha oportunidade única para fomentar o deporte entre as persoas maiores, xa que é unha ruta completamente accesible”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X