Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-06-2012

Manuel Antelo fai entrega na unitaria de Castromil do cadro que pintaron durante a programación didáctica con Xurxo Martiño

Finalizou a exposición das obras realizadas polos escolares durante a programación didáctica elaborada e realizada polo pintor vimiancés Xurxo Martiño, que se mantivo aberta desde opasado 20 de abril na Sala de Exposicións Antón Mouzo, na Casa da Cultura, unha sala na que expuxeron os dous pintores de máis sona de Vimianzo, recoñecidos a nivel nacional e internacional. 

Manuel Antelo facía entrega onte, na escola unitaria de Castromil, do cadro que os nove alumnos e alumnas realizaron seguindo as indicacións do artista de Caxadas. Os nenos e nenas recibían o cadro con ilusión, lembrando o día que o pintaron, e mesmo decidiron o sitio onde vai permanecer exposto. Pero o alcalde non foi o único que fixo un regalo, xa que os nenos e nenas fixeran un debuxo cada un para entregarlle.
Nos vindeiros días os cadros serán entregados na unitaria de Carnés e Carantoña, no Ceip de Baíñas e Vimianzo e no IES Terra de Soneira, onde permanecerán expostos definitivamente.

Os escolares de Vimianzo tiveron unha oportunidade que moi poucos rapaces teñen, un obradoiro impartido por un pintor do prestixio de Xurxo Martiño, que transmitiu o seu saber e a súa experiencia docente aos nosos escolares. Quen sabe se algún deles se converte nun pintor de sona, seguindo os pasos de Martiño!

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X