Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-05-2024

O Concello completa a renovación das portas e ventás exteriores da antiga escola unitaria de Pasarela

O Concello de Vimianzo completou esta semana a renovación de toda a carpintería exterior na antiga escola de Pasarela, na parroquia de Calo.

Esta actuación, que se enmarca dentro da programación de mellora de locais sociais e antigas escolas unitarias do Concello de Vimianzo, consistiu no cambio de todas as portas e ventás das catro fachadas exteriores do edificio, mellorando considerablemente o seu illamento térmico e, como consecuencia, logrando un aforro enerxético.

Precisamente co obxectivo de facer este edificio máis eficiente, está contemplado que proximamente se proceda ao tratamento e á impermeabilización das catro fachadas dun edificio histórico da parroquia de Calo e do municipio de Vimianzo.

Inaugurado en 1931, sufriu varias transformacións ao longo do tempo. A máis importante foi nos anos 50, cando se lle engadiu o segundo andar. Enriba da porta aínda se conserva a placa orixinal colocada pola sociedade promotora, que reza o  seguinte: «ESCUELA “ENRIQUE LABARTA POSE” Nº 2 DE LA “ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN” DE BUENOS AIRES».

Ata os anos 90 funcionou coma un centro educativo ata que foi pechado por falta de alumnado. Así, hai uns anos foi rehabilitado polo Concello, pasando a funcionar coma un centro sociocultural que acolle ducias de actividades para a veciñanza cada ano. Ademais, tamén serve como sede da Asociación de Veciños de Pasarela.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X