Concello de Vimianzo
4 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-04-2024

Vimianzo fará un paseo polas estrelas para achegar a observación astronómica á veciñanza

O Concello de Vimianzo fará o vindeiro venres, 3 de maio, un paseo polas estrelas. Trátase dunha actividade de observación astronómica que pretende dar a coñecer e achegar a observación astronómica á cidadanía local e visitantes.

Terá lugar a partir das 22:30 horas no Alto de San Bartolo, en Salto, día para o que se agardan unhas condicións de visibilidade “óptimas”, tanto pola posición da lúa como pola meteoroloxía prevista para esta data. A localización é o lugar ideal para contemplar as estrelas e forma parte da Rede de Miradores Estelares do Destino Starlight Costa da Morte.

A actividade estará guiada por Begoña E. Brao e Antón P. Pérez, monitores do primeiro destino Starlight de Galicia, as Illas Cíes. Ámbolos dous realizaron, ademais, un curso de formación na Costa da Morte, polo que coñecen á perfección a zona e as súas características. Estarán acompañados pola técnica de Turismo, Mariví Amigo, e a de Cultura, Nieves Lema, que posúen o certificado de monitoras starlight.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través da ligazón habilitada.

Trátase da primeira das múltiples actividades realizadas co obxectivo de fomentar o astroturismo no municipio.

Segundo indicou a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, “en Vimianzo gozamos dunha contorna privilexiada para a observación astronómica, polo que tratamos de impulsar estas actividades para achegar este tipo de actividades á poboación e xerar interese na materia”.

A rexedora quixo convidar “a todos e todas, veciñanza e visitantes a participar nesta xornada que, previsiblemente, gozará das condicións perfectas para observar o ceo e as estrelas en plenitude”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X