Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-06-2012

Excelentes interpretacións ao piano e violín demostraron o talento dos artistas locais

A música foi a protagonista da tarde do sábado na Casa da Cultura. Dezaoito pianistas e violinistas do concello demostraron ante un auditorio, entre o que se atopaban numerosos familiares e amigos dos artistas, un gran talento. Tatiana Pankrátova, a profesora de piano, e Dasha Pankrátova, a profesora de violín, abriron o acto cunhas palabras de agradecemeto por intentar potenciar a cultura e a música en tempos tan difíciles.
Ana Torres e Xoán Antelo, dous dos pianistas vimianceses, foron os encargados de presentar as actuación que interpretaron os alumnos e alumnas da escola:

  • Balbina Rodríguez, ao piano, interpretou un Vals, de Schubert     
  • Alexia Canosa, ao violín, interpretou  Campanitas e Twilight waltz, tradicional
  • María Gándara, ao piano, interpretou La donna e mobile, de Verdi
  • José Castro, ao violín, interpretou Happy days, tradicional
  • Brais Pereira, ao piano, interpretou Tango Argentino, de Rodríguez
  • Laura Quintáns, ao violín, interpretou Jumping rope, tradicional
  • José Ventura, ao piano, interpretou Love me tender, de Elvis Presley
  • Catalina Lema, ao violín, interpretou Hop scotch, tradicional
  • Mar Pazos, ao piano, interpretou Melodía francesa, de Legran
  • Roberto Iglesias, ao violín, interpretou Swinging e
  • Carolina González, ao piano, interpretou Nana, de Mozart
  • Xabier Lemus, ao piano, interpretou El condor, de Burgmuller
  • Nerea Rojo, ao piano, interpretou Danza alemana, de Beethoven, e Minueto, de Kriger
  • Gala Cernadas, ao violín, interpretou  Concerto en re menor, de  O. Rieding
  • Uxía Bello, ao piano, interpretou Tarantella, de Glinka
  • Ana Torres, ao piano, interpretou The entretainer, S. Joplin
  • Alberto Angües, ao piano, interpretou Vals, de Chopin
  • Xoán Antelo, ao piano, interpretou Estudio Revolucionario, de Chopin

Para rematar a xornada musical, as profesoras Tatiana e Dasha Pankrátova, interpretaron melodie, de Gluck, ao piano e violín.

Pechou o acto de clausura o alcalde con palabras de agradecemento para todos os presentes, para os artistas e para as profesoras que conseguiron que se levara adiante esta actividade, que como se puido comprobar tiña moita demanda entre os vimianceses. Este ano deuse o primeiro paso coa creación da escola de música que agardamos se consolide nos vindeiros anos.

 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X