Do 30-10-2024 ao 30-10-2024
O Concello de Vimianzo conseguiu a homologación da quinta aula para a Escola Infantil Municipal ‘Os Vimianziños’. A Administración local presentara o 3 de maio de 2023 unha solicitude de autorización para a modificación substancial do centro para converter unha das aulas de usos múltiples na devandita quinta aula.
Isto permitirá aumentar número de prazas deste servizo das 61 actuais ata as 75, dando cabida a todas as solicitudes das familias de Vimianzo, eliminando así a lista de agarda.
A intervención que se realizou foi integral, tanto a nivel estrutural en muros e teito, como na previsión da instalación de futuro mobiliario para as pequenas e
pequenos. Tamén conta co correspondente illamento térmico para os meses máis fríos e contribuír á súa vez a un maior aforro enerxético.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, sinala que este fito “permite aumentar a cobertura nun servizo que presenta unha alta solicitudes de demanda ano tras ano, ademais de optimizar as condicións do edificio para as crianzas”.