Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-11-2023

Vimianzo prepárase para vivir o Nadal co seu Concurso Infantil de Postais

O Concello de Vimianzo presenta, un ano máis, o Concurso Infantil de Postais de Nadal, no que poderán participar todas as crianzas de Educación Infantil e Primaria do municipio.

Os traballos poderanse entregar entre o 15 de novembro e o 18 de decembro de 2023 na Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 10:00 a 20:00 horas ou os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Os debuxos deberán xirar ao redor do tema ‘Vive o Nadal en Vimianzo’ e a técnica será libre, a excepción das purpurinas, os algodóns e as tintas metálicas, que non serán admitidas.

Deberanse entregar en tamaño A4 e non se recollerán pezas pregadas. No reverso da obra deberase indicar o título do traballo, o nome e apelidos do autor ou autora, a idade, o teléfono familiar, o curso e o nome do centro educativo. Os datos son unha condición indispensable para poder participar, xa que non se recollerán traballos sen asinar ou que acheguen datos distintos aos indicados.

Establécense catro categorías: a A para alumnado de 4, 5 e 6º de Educación Infantil, a B para o alumnado de 1 e 2º de Educación Primaria, a C para alumnado de 3 e 4º de Educación Primaria e a D para o alumnado de 5 e 6º de Educación Primaria. Para cada unha delas haberá dous premios, consistentes en material didáctico ou libros de lectura.

Os premios entregaranse o mesmo día no que se dará a coñecer o fallo do xurado: o 22 de decembro. Farase nun acto público na Casa da Cultura. De entre todos os debuxos premiados seleccionarase a postal que se utilizará para o cartel municipal de Nadal de 2024.

Todas as pezas presentadas serán expostas na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X