Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-05-2012

O auditorio da Casa da Cultura quedou pequeno ante as actuacións das escolas municipais de baile

Un auditorio coas máis de 400 localidades completas e todas as miradas postas no escenario tocaba dar paso aos artistas. A presidenta da asociación Trubisquiña, Sonia Amigo, presentadora da xornada, foi a encargada de romper o xeo e dirixrise aos presentes para dar comezo á exhibición.
Os encargados de inaugurar a tarde foron os nenos e nenas da escola de baile de Vimianzo, que bailaron tres pezas tradicionais: O baile da laranxiña, O churrusquiño e a Muiñeira Corrida; acompañados á pandeireta pola súa mestra. Seguidamente foi a quenda do grupo Foliada de Salto, da man da súa mestra Paula Mouzo, con un baile a cargo do grupo infantil, Muiñeira de Cavanas, e dous bailes do grupo de xóvenes: Jota de Niñodaguía e espadelada de Penosiños. A mesma mestra tiveron, durante o pasado curso, os alumnos e alumnas da agrupación Airiños do Río Grande, de Pasarela, que tamén presentou un grupo infantil e outro de medianos. Todos xuntos bailaron a Jota Menduína e a continuación os máis pequenos bailaron a Foliada de Aires da Terra e os xóvenes tres muiñeiras. Para rematar co apartado do baile galego volveu a escola de baile de Vimianzo, que pecharon con dúas actuacións: unha muiñeira vella, acompañados polos gaiteiros de Vimianzo e Maneo de Limiñoa acompañados polas mestras á pandeireta.
Na metade do acto houbo un cambio de estilo e colleu as rendas Graciela Toba, directora de Arte e Movemento, para presentar aos alumnos e alumnas de baile de salón de Vimianzo. Tivemos as parellas de iniciación que bailaron unha samba e un tango; e as parellas do grupo avanzado bailando bachata e salsa. Finalmente Arte e Movemento trouxo tres parellas de exhibición, que compiten en diferentes categorías, entre os que se atopaba Diego Rivadulla, o profesor de baile de salón dos grupos de Vimianzo.
Rematou a tarde o alcalde que dándolle os parabéns aos alumnos e alumnas e aos profesores e profesoras polo gran traballo realizado durante o curso, agradecendo a enorme asistencia a este acto que encheu de aplausos e felicitacións o auditorio. iso significa que en Vimianzo estamos orgullosos do noso.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X