Concello de Vimianzo
23 de xuño de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-09-2023

A Deputación prevé abrir ao tráfico a ponte da estrada de Caxadas a Baíñas, en Vimianzo, a mediados do mes de novembro

A Deputación da Coruña prevé abrir ao tráfico a ponte que une Caxadas a Baíñas a mediados do mes de novembro.

As obras de ampliación e mellora da estrada DP 9203 avanzan a bo ritmo e supoñen un impotante investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

As obras contemplan unha reparación integral da ponte sobre o río Castro, o que obrigou a cortar o tráfico tivo e establecer a correspondente alternativa de circulación.

Esta obra permitirá construir unha senda peonil de case dous quilómetros de lonxitude e mellorar o sinuoso trazado da vía no núcleo de Padreiro, que presentaba curvas perigosas nas que se rexistrou de sempre unha alta sinistralidade.

A estrutura ao paso do río Castro será renovada completamente e terá capacidade para desaugar, algo para o que non estaba preparada ata o momento. Os traballos están seguindo os pasos previstos e cúmprense os prazos de obra.

Esta semana visitaron a intervención a alcaldesa e deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Obras e Urbanismo de Vimianzo, Miguel Ángel Pérez e os dous directores de obra.

A rexedora e deputada provincial de Obras recalcou "o papel fundamental da Deputación da Coruña para que unha das obras máis importantes para Vimianzo nos últimos 10 anos sexa unha realidade", e subliñou que "aínda que as molestias agora son evidentes, porque tivemos que cambiar a maneira de circular da veciñanza da zona, así como tamén de vehículos pesados, isto suporá un antes e un despois".

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
5
6
7
8
9
10
11
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X