Concello de Vimianzo
24 de febreiro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-09-2023

O Concello executará o proxecto de mellora da eficiencia enerxética do polideportivo municipal

O Concello de Vimianzo executará o proxecto de mellora da eficiencia enerxética do polideportivo municipal. As obras, en fase de licitación, terán un orzamento base de 266.751,92 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 25 de setembro.

Actuarase tanto nas fachadas como na cuberta, substituíndose as actuais chapas metálicas sen ningún tipo de illamento, por paneis de aceiro prelacados de 100 milímetros e expesor e cun núcleo de lá de rocha, que suporá unha mellora substanciable con respecto á mellora enerxética do edificio.

Estes paneis tamén mellorarán as condicións acústicas da construción, e para dar iluminación natural ao interior realizaranse tramos con paneis translúcidos tanto na fachada como na cuberta.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, asegura que “con estes traballos darase solución a un problema estrutural de fai moito tempo, co conseguinte aforro tamén de custes en materia de enerxía que se adican a esta instalación”, insiste.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X