Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-08-2023

O Concello fai efectiva a cesión da xestión das escolas municipais de fútbol base ó Soneira S.D.

  • Trátase dun cambio “eminentemente administrativo que non afectará en ningún caso ó devir das futuras xeracións de deportistas”, aseguran tanto a alcaldesa, Mónica Rodríguez, como o presidente do club, José Alfonso Miñones
  • Nos vindeiros días terá lugar unha xuntanza coas familias para transmitir toda a información necesaria e resolver as dúbidas que poidan existir.
  • José Manuel Abelenda, “Josiño”, será o coordinador do programa.

O Concello de Vimianzo fai efectiva a cesión da xestión das escolas municipais de fútbol base ó Soneira S.D., club de fútbol local e que será a partir de agora o que organice de maneira interna o fútbol de canteira da localidade, en todos os rangos de idade.

Chégase ata este punto tras o acordado entre a Administración local e o conxunto vimiancés nunha folla de ruta “que vén marcada desde hai tempo e que está motivada por ambas partes equilibradamente”, sinalan tanto a alcaldesa, Mónica Rodríguez, como o presidente do equipo, José Alfonso Miñones, que apuntan que “este cambio é eminentemente administrativo e non afectará en ningún caso ó devir das futuras xeracións de futbolistas da nosa localidade”.

Esta mañá, goberno local e directiva do Soneira S.D. manifestaron a total sintonía existente e trasladaron que “esta tempada haberá fútbol para todas as categorías e transcorrerá con total normalidade”, admitían no propio campo de fútbol municipal, que será o epicentro da actividade. José Manuel Abelenda, “Josiño”, será o coordinador do programa, unha figura de ampla experiencia no fútbol comarcal e con gran coñecemento dos sectores base deste deporte.

Avanzouse tamén na posible integración do fútbol feminino ó futbol base, algo que tanto desde a Administración local como desde o Soneira S.D. ven “imprescindible” e “moi necesario para que a nosa sociedade siga dando pasos cara a igualdade”.

Neste senso, os vindeiros días convocarase unha reunión coas familias para trasladar toda a información necesaria, así como resolver as dúbidas que poidan xurdir tras este acordo.

A Federación Galega de Fútbol xa está ao tanto e técnicos, calendario de adestramentos, materiais e instalacións adoptan os últimos detalles para que dea comezo a tempada con total naturalidade.

Desde o Concello, queren deixar clara a súa “total aposta e implicación co deporte, en todos os ámbitos e a todos os niveis” e subliñan que “a colaboración con esta e outras entidades do municipio será estreita e continuada”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X