Concello de Vimianzo
27 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

25-08-2023

O Concello convoca a liña de axudas para o inicio do curso académico 2023/2024

O Concello convoca a liña de axudas para o inicio do curso académico 2023/2024

O Concello de Vimianzo convoca a liña de axudas para o inicio do curso académico 2023/2024, e á que poderán optar as familias con rapaces e rapazas escolarizadas en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria; Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior empadroadas en Vimianzo. É condición indispensable que a matrícula sexa nun centro público, e a renda per cápita dos pais/nais ou titores legais do alumnado non supere os 9.000 euros anuais. 

En total, habilitouse unha partida orzamentaria de 32.000 euros para este fin, estando o prazo de solicitudes aberto desde mañá, sábado 26 de agosto, ata o vindeiro 30 de setembro de 2023. Poderanse formalizar tanto de xeito presencial, no rexistro municipal conforme o modelo facilitado pola Administración local no seu enderezo web, como na sede electrónica do Concello de Vimianzo. 

O obxectivo principal desta convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, para adquirir material escolar, musical, informático, así como roupa e calzado ou outro material que dende a comisión avaliadora considere necesario para o alumnado matriculado en centros escolares públicos durante o curso escolar actual. 

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X