Concello de Vimianzo
27 de setembro de 2023
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-08-2023

Vimianzo solicita a Educación melloras urxentes no CEIP San Vicenzo

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, María José Pose, reuníronse esta mañá con Indalecio Cabana, Director Xeral do goberno autonómico desta área, para solicitar melloras urxentes no CEIP San Vicenzo e no CEIP de Baíñas, facendo especial fincapé nas intervencións moi necesarias que se teñen que levar a cabo no primeiro, “moi urxentes e que teñen que ver coa súa estrutura, prioridade para o benestar da cativada e os traballadores e traballadoras do centro”, afirmaron.

Tanto a rexedora como a concelleira trasladaron a importancia de realizar obras “para solventar os problemas de humidade e desperdicio térmico e eléctrico -esto último de especial relevancia co conseguinte cambio da instalación- que existen no CEIP San Vicenzo, ademais da cuberta, que se encontra nun estado de deterioro notable”, manifestaron.

Ademais, propuxeron tamén a instalación “de varias áreas infantís nos patios de ambos edificios, xa que desde a súa creación non sufriron ningún tipo de modificación”, e agradeceron ó Director Xeral “a súa disposición tanto á hora de recibirnos como de escoitar as nosas propostas, que agardamos se leven a cabo para un vindeiro curso nas mellores condicións posibles para a nosa comunidade educativa”. Ambas convidaron ó Director Xeral a visitar ambos centros para comprobar in situ o estado das instalacións.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2023 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X