Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-05-2012

Medio cento de persoas participaron na ruta que os Concellos de Camariñas e Vimianzo organizaron este sábado 26 de maio.

Medio cento de persoas participaron na ruta bordeando a ría de Camariñas

O bo tempo acompañou ós camiñantes por Carmariñas

Medio cento de persoas participaron na andaina que os concellos de Vimianzo e Camariñas organizaron o sábado 26 de maio.

Comezou o día con ameaza seria de choiva, pero aínda así medio cento de sendeiristas déronse cita ás 10:30 na praza do concello de Camariñas para iniciar a andaina. Sen saír da vila do encaixe o grupo xa fixo dúas paradas para que Pablo Sanmartín nos explicase que nunha das casas que hai preto do porto se atopa un antigo barómetro doado pola armada inglesa ó pobo de Camariñas como agradecemento ós labores de auxilio que os veciños prestaron no afundimento do Serpent. Dito barómetro aínda funciona hoxe en día, pero nada se sabe dos outros dous agasallos que os ingleses fixeron; unha escopeta que lle regalaron ó cura e un valioso reloxo. A segunda parada serviu para explicar os restos que quedan do antigo Castelo do Soberano que foi unha antiga fortificación que servía para vixilancia e protección da vila de posibles ataques producidos por mar. Cun pouco máis de información os sendeiristas continuaron a andaina pola costa en dirección á capela da Virxe do Monte con seria ameaza de tormenta que afortunadamente apenas nos deixou unha pequena molladura. Xa na capela os sendeiristas puideron gozar dunha fermosa vista da vila de Muxía co santuario da Virxe da Barca xusto enfronte do punto onde nos atopábamos. Tras recuperar un pouco os folgos mentres atendiamos as explicacións de Pablo sobre a construción da capela, continuamos o traxecto en dirección ó faro de Cabo Vilán e dende aí á praia de Reira, onde fixemos unha parada para repoñer forzas cuns bos bocadillos. Despois de encher o depósito afrontamos a subida ó alto das Seixas dende onde puidemos gozar das fermosas vistas da ría de Camariñas e o seu contorno. Arrredor das 16:00 horas o grupo de camiñantes volvía a entrar na vila pola estrada do faro para rematar a andaina no punto onde se empezara.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X