Concello de Vimianzo
24 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-06-2023

O Concello presenta o Vimiansol, a programación cultural que encherá Vimianzo de música, teatro e moita diversión


O Concello de Vimianzo presentou na mañá deste venres o cartel do Vimiansol, unha programación cultural que se estenderá durante todo o verán e que encherá a axenda vimiancesa de música, teatro e moita diversión.

Ao acto acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; as concelleira Rosa Blanco e María José Pose e tamén a técnica de Cultura, Nieves Lema.

Música, circo, teatro ou humor para todos os públicos completan unha programación que estará en marcha do 8 de xullo ao 26 de agosto e que contará con espectáculos de primeiro nivel.

A praza do Concello será o lugar de encontro da veciñanza e de visitantes para desfrutar daquelas funcións destinadas ao público familiar a partir das 21:00 horas.

O Mago Teto, Artefeito, Sempre arriba, Producións Excéntricas ou Su.Ma son algunhas das compañías galegas que actuarán en Vimianzo, aínda que o ton nacional e internacional poñerano Troupe Malabó, desde Valencia, ou Cía pede2 e Circo No Ato desde Brasil. Neste caso, todas elas contarán cun espectáculo pensado para un público familiar.

Por outra banda, as persoas de máis de 16 anos poderán gozar das Noites no Castelo con artistas como como Sergio Pazos, Vicente Mohedano, Mariña Lestón ou a Mostra Treatral da Federación Italiana de Teatro Amador.

Desde o Concello destacan o Vimiansol como “unha das principais opcións de lecer na comarca para este tempo”, recalcando que a programación tamén é unha “continuidade de todos os proxectos culturais de gran variedade que se puxeron en marcha durante todo o ano e que se centraron en facer partícipe á poboación”.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X